• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Proteína vexetal: unha preocupante dependencia do exterior

Data de escritura

Cunha crecente competencia mundial pola proteína vexetal, o descenso do cultivo de leguminosas en España e en Europa agrava o déficit de abastecemento da demanda interna, tendo unha galopante dependencia das importacións, particularmente de soia, o cal supón un grave risco para a nosa balanza de pagos, ten efectos prexudiciais para o medio ambiente e, o que é máis grave, supón un risco de seguridade alimentaria, afectando á competitividade e sustentabilidade da cadea de alimentación animal pola súa situación de dependencia externa e poñendo á nosa industria cárnica en mans das oscilacións do prezo internacional da soia.

Ademais, as leguminosas presentan unha importancia destacada na protección do medio ambiente e na loita contra o cambio climático. Son cultivos resilientes que ofrecen nutrientes esenciais aos ecosistemas biolóxicos, e fixan nitróxeno que beneficia á saúde do chan.