A Xunta de Goberno Local dá luz verde á licitación do programa "Colabora e innova no teu barrio"
A Xunta de Goberno local aprobou hoxe a apertura do procedemento de licitación dos servizos asociados ao programa "Colabora e innova no teu barrio" no marco da operación "Faino Ti", que conta cun investimento de 210.892,18 euros, dividido en tres lotes. Tamén se deu luz verde á licitación da reurbanización da rúa de García Lorca, cun orzamento base de licitación superior ao millón de euros. Dos acordos adoptados informou, en rolda de prensa, o alcalde Xosé Sánchez Bugallo.
"Colabora e innova no teu barrio" contempla o desenvolvemento de dous espazos e procesos interxeneracionais de achegamento da cultura maker (cultura de facer, buscar, deseñar, pensar e crear solucións doadas ou non profesionais para levar a cabo proxectos tecnoloxicamente complexos) aos titulares e persoal das industrias e negocios tradicionais dos barrios de Santiago de Compostela; a transmisión interxeneracional de coñecementos TIC (Tecnoloxías da Información e das Comunicacións) da poboación mais nova á poboación maior, de xeito que se que favoreza a redución da fenda tecnolóxica; así como a divulgación deses coñecementos e procesos de aplicación da cultura maker nos negocios tradicionais entre a infancia e as familias
O lote 1, que conta cun orzamentos base de licitación de 108.016,07 euros, contempla o deseño e desenvolvemento dun fab lab (fabricación dun laboratorio) que achegue a cultura maker e as posibilidades tecnolóxicas aos oficios e industrias tradicionais dos barrios, e aos colectivos máis desfavorecidos. Desde xeito, ao finalizar a operación, operarios de oficios como modistas ou zapateiros, deben ser capaces de coñecer tecnoloxías como a impresión 3D ou a realidade aumentada, e ser capaces de valorar a aplicación (ou aplicar directamente) estas tecnoloxías aos seus oficios, facendo posible a innovación en oficios tradicionais.
O lote 2, a difusión do Fab Lab e a Rede TIC 2, conta cun orzamento base de licitación de 86.276,63 euros. E o lote 3, un catálogo de boas practicas en materia de usos das tic e talento STEM (que combina ciencia, tecnoloxías, enxeñaría e matemáticas) relacionado con oficios tradicionais e industrias asentadas no concello de Santiago, sae a concurso cun orzamento base de licitación de 16.598,85 euros.
Entre os obxectivos concretos de "Colabora e innova no teu barrio" figuran:
-Mellorar a sensibilidade tecnocientífica da mocidade dos barrios e rural de Compostela.
-Implantar dinámicas de colaboración na realización de proxectos relacionados co tecido socioeconómico do barrio.
-Achegar equipamento e maquinaria necesaria para o desenvolvemento dos proxectos tecnolóxicos á mocidade, favorecendo o coñecemento e manexo deses aparellos e da súa tecnoloxía.
-Mellorar o coñecemento e a valoración da cidadanía sobre o seu patrimonio industrial e a capacidade de innovación do seu territorio
A operación "Faino Ti", incluída na Liña de Actuación 1 da EDUSI REVIVE do concello de Santiago de Compostela, e financiada nun 80% polo Programa Operativo de Crecemento Sostible FEDER 2014-2021; pretende difundir as competencias tecnolóxicas, as competencias básicas e as habilidades de resolución de problemas asociadas ao desempeño dun emprego entre as novas xeracións dos barrios máis desfavorecidos e, ao mesmo tempo, achegar o potencial das innovacións tecnolóxicas a poboación maior e os oficios tradicionais desenvolvidos nos barrios de Santiago para dotar a estes barrios e comercios con posibilidades de reformulación e consolidación económica.
En materia de contratación tamén se aprobou a licitacion das "Obras de Reurbanización da rúa García Lorca" cun orzamento base de licitación de 1.052.134,35 euros. E a adxudicación da execución das obras de mellora no servizo da instalación de climatización e renovación de aire do Centro Sociocultural de Santa Marta a efectos de eficiencia enerxética e confort interior á empreas Socivi Técnico SLU, por un importe total de 111.374,69 euros ao ser a oferta máis vantaxosa das presentadas.