REACTIVA O TEU FUTURO: PROGRAMA DE ANIMACIÓN 2D/3D E EMPRENDEMENTO PROMOVIDO POLA CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA EN COLABORACIÓN CON INCYDE E O CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
A redución do desemprego xuvenil constitúe un dos retos máis importantes na actualidade. Por esa razón, en España contamos cun Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado polo Fondo Social Europeo para o período 2014-2020.
A Fundación INCYDE participa a través do Programa de Itinerarios de Emprendemento Xuvenil (POEJ), que ten como obxectivo incorporar ao mercado laboral pola vía do emprendemento a mozos e mozas de toda España non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación.
Por tanto, se apoiará e acompañará a estas persoas na súa transición desde a súa situación actual de desemprego ata a actividade laboral.
Este programa enmárcase dentro do programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado polo Fondo Social Europeo para o período 2014-2020. De igual xeito o programa conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela a través dun convenio de colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago.
O sector dos videoxogos e a animación 2D e 3D é o de maior potencial de crecemento e innovación da industria dos contidos dixitais en España. O desenvolvemento de videoxogos é un campo profesional prometedor que demanda perfís con formación especializada. O noso obxectivo é que esteas en condicións de traballar para as desarrolladoras máis importantes do mundo facendo o que máis che gusta.
Tanto se queres converterte na nova sensación indie de Steam como lograr entrar nun gran estudo debes saber sacar o máximo partido ao teu talento. Por iso, na Cámara de Comercio de Santiago, en colaboración coa Fundación Incyde e o Concello de Santiago ofrecémosche un programa que abarca as principais disciplinas vinculadas co sector para introducirse no mundo do videoxogo e a animación.
Formalización deinscricións
Pódese formalizar a inscrición a través da páxina web da Fundación Incyde no seguinte enlace:
Moz@s menores de 30 anos, inscrit@s no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e que, por tanto, non participan nos sistemas de educación ou formación vinculados ao mundo cultural e que queiran emprender ou empregarse en actividades relacionadas coa Animación 2D e 3D como ferramenta de traballo, permitíndolles incrementar a súa calidade profesional e mellorar a súa empregabilidade.
O curso se realizará dende o 6 de marzo ao 21 de abril de 2023 (6 semanas na modalidade en liña e unha semana de traballo de campo). Ver toda a estrutura de contidos do programa no documento adxunto.