• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA O FOMENTO DA SUSTENTABILIDADE NO DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE INDUSTRIAL DO SECTOR DOS RECURSOS NATURAIS DE GALICIA

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 31 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para o fomento da sustentabilidade no desenvolvemento da actividade industrial do sector dos recursos naturais en Galicia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento IN308D).

Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación para fomentar e incentivar a sustentabilidade, nas súas dimensións económica, social e ambiental, no desenvolvemento da actividade industrial do sector dos recursos naturais en Galicia, así como a súa convocatoria para o ano 2023, a través de cinco liñas de actuación.

As axudas que correspondan a actuacións encadradas na liña 1 serán para financiar os investimentos destinados a incrementar a protección do ambiente da zona afectada pola actividade mineira. En xeral, todos aqueles investimentos destinados a previr ou emendar danos ao contorno físico ou aos recursos naturais e, especialmente, os destinados á mellora da calidade do ambiente atmosférico mediante a redución das emisións de po e ruído.

As axudas que correspondan a actuacións encadradas na liña 2 serán para financiar os investimentos destinados a mellorar as condicións laborais en materia de seguridade e saúde dos postos de traballo nas explotacións mineiras. En xeral, todos aqueles investimentos que actúen sobre os riscos relacionados coa seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía nos postos de traballo e, especialmente, os investimentos destinados á redución da exposición ao po, ao ruído e ás vibracións das persoas traballadoras.

As axudas que correspondan a actuacións encadradas na liña 3 serán para financiar os investimentos destinados a mellorar as condicións laborais das persoas traballadoras en centros de elaboración de rocha ornamental mediante a redución da exposición ao po nos seus postos de traballo.

As axudas que correspondan a actuacións encadradas na liña 4 serán para financiar os investimentos destinados á adquisición de equipamentos de eficiencia enerxética e/ou para a elaboración de auditorías enerxéticas directamente vinculadas aos devanditos investimentos nas empresas do sector mineiro, en especial as empresas que se dediquen ao envasado das augas minerais naturais, así como as empresas de explotación de balnearios.

As axudas que correspondan a actuacións encadradas na liña 5 serán para financiar os investimentos destinados aos procesos de implantación e certificación das normas UNE 22480: 2019 «Sistema de xestión mineira sustentable. Requisitos» e UNE 22470: 2019 «Sistema de xestión mineiro-mineralúrxica-metalúrxica sustentable. Indicadores», as cales acreditan a implantación dun sistema de xestión mineira sustentable nas empresas do sector mineiro.

Documentación requerida

Empresas privadas que, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, realicen actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e conten co título de carácter administrativo que resulte preceptivo para o desenvolvemento das ditas actividades ou, cando proceda, coa conformidade do órgano administrativo correspondente, todo o cal poderá ser comprobado de oficio pola Administración (liña 1, liña 2, liña 4 e liña 5).

Empresas privadas que teñan algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia dedicado ao envasado das augas minerais naturais e á explotación de balnearios e que conten co título de carácter administrativo que resulte preceptivo para o desenvolvemento das actividades, de conformidade coa Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, todo o cal poderá ser comprobado de oficio pola Administración (liña 4).

b) Empresas privadas con centros de traballo de elaboración de rocha ornamental localizados na Comunidade Autónoma de Galicia; quedan expresamente excluídas as empresas sinaladas nas alíneas 2 e 5.

En calquera caso, para os efectos desta orde, considéranse actividades de elaboración de rocha ornamental aquelas actividades incluídas na sección C e, en concreto, na clase 23.70 do CNAE (liña 3).

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Requisitos

Considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica e do seu modo de financiamento, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas os empresarios persoas físicas que exerzan actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas que exerzan unha actividade económica de forma regular.

Os conceptos de pequena e mediana empresa axustaranse á definición contida no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

a) Na categoría de peme, defínese mediana empresa como unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios individual non excede os 50 millóns de euros (50.000.000,00 euros) ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros (43.000.000,00 euros).

b) Na categoría das peme, defínese pequena empresa como unha empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros (10.000.000,00 euros).

c) Na categoría das peme, defínese microempresa como unha empresa que ocupa menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros (2.000.000,00 euros).

As persoas beneficiarias non poderán estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán ter pendentes de pagamento débedas coa Comunidade Autónoma e deberán estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

As persoas beneficiarias non poderán estar suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, nin atoparse en situación de crise de acordo cos artigos 1.4.c) e 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.