• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS ECONOMICAS A EMPRESAS QUE REALICEN PUBLICACIONS PERIODICAS ESCRITAS INTEGRAMENTE EN GALEGO

Presidencia da Xuntas de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego e se convocan para o ano 2023, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento PR858A)

OBXECTO

A expansión e difusión do galego normativizado e da cultura nas tarefas de información xornalística, de acordo co artigo 2 do Decreto 103/1994, do 21 de abril, polo que se establecen axudas dirixidas ás publicacións periódicas escritas integramente en galego normativizado.

Documentación requerida

DOCUMENTACION

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) De ser o caso, documentación fidedigna acreditativa da representación. b) Certificación da inscrición no Rexistro Mercantil, actualizada ao ano da convocatoria.

c) Memoria descritiva de actividades en que se fagan constar os números publicados, a tiraxe e o número de exemplares difundidos da publicación durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria. Recollerá un resumo da actividade da publicación, dos resultados obtidos e do cumprimento dos requisitos lingüísticos establecidos nestas bases reguladoras (anexo III).

d) Certificado emitido polo Depósito Legal, que acredite que o solicitante depositou os números da publicación para a cal solicita a axuda, ou calquera outra documentación acreditativa dos números publicados.

e) Un exemplar de cada número das publicacións para as cales se solicita a axuda, en arquivos informáticos en formato pdf.

f) Documentación acreditativa da tiraxe e difusión da publicación durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

BENEFICIARIOS

INTERESADOS

As entidades beneficiarias destas axudas serán as empresas xornalísticas, inscritas no Rexistro Mercantil, que realizasen publicacións periódicas escritas integramente en galego durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.

Quedan excluídos da concesión de axudas:

a) Os boletíns de información interior ou de institucións.

b) As publicacións de organizacións políticas, empresariais, profesionais, sindicais ou de entidades públicas.

c) As publicacións que se distribúan como suplemento, encarte ou de forma conxunta con outra publicación.

d) As publicacións que, estando sometidas ao control da Oficina de Xustificación da Difusión (OXD), non presenten o certificado acreditativo da difusión expedido polo dito organismo.

e) As publicacións que durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria non se publicasen en galego normativizado. f) Aquelas publicacións que non se editasen durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria ou non manteñan a súa actividade no momento da concesión da subvención.

Requisitos

REQUISITOS

As publicacións deberán cumprir co establecido no Decreto 173/1982, do 17 de novembro, de normativización da lingua galega, na disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística e coas normas aprobadas pola Real Academia Galega en sesión plenaria do 12 de xullo de 2003.

As publicidades incluídas nas publicacións deben cumprir co disposto no artigo 10 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística en materia de toponimia.