• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA O PROGRAMA DE MODERNIZACION DO COMERCIO

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 23 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).

OBXECTO

O financiamento de proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable, dirixidos a impulsar o emprego das novas tecnoloxías no sector comercial.

Documentación requerida

DOCUMENTACION

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, anexo II, a seguinte documentación:

Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais:

a) De ser o caso, acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

b) Documento acreditativo de poder bastante para actuar ante a Administración, da persoa representante legal da persoa solicitante, ou o modelo de representación para procedementos ante a Xunta de Galicia, que figura na sede electrónica, debidamente cuberto e asinado.

c) No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, os compromisos de execución asumidos por cada persoa integrante da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada unha, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. Deberá nomearse unha persoa representante única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non se poderá disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (anexo IV).

d) Declaración responsable do cumprimento das condicións para o acceso á axuda (anexo III).

e) Informe emitido pola Seguridade Social de todos os códigos de conta de cotización da persoa solicitante (situación de empresario/a individual) ou, se é o caso, acreditación de non estar inscrito como empresario/a.

 

Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes:

a) Acta e estatutos de constitución e modificacións posteriores, se é o caso, e acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente.

b) Poder suficiente da persoa representante da entidade solicitante.

c) Composición actualizada da xunta directiva da entidade asociativa.

d) Declaración responsable da persoa que exerce a presidencia ou a representación da entidade solicitante de ter aprobadas as contas anuais pola xunta directiva da entidade asociativa nos tres últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria (anexo III).

e) Declaración responsable da persoa que exerce a presidencia ou a representación da entidade solicitante do número total de membros asociados e do número de comercios asociados (anexo III). Achegarase a listaxe dos comercios asociados detallando, para cada un deles, o nome do local, a actividade que desenvolve e o código de clasificación do imposto de actividades económicas (IAE).

 

Documentación común ás liñas:

a)Memoria detallada de cada unha das actuacións para as cales se solicita a subvención, anexo V, que deberá incluír:

– Unha descrición detallada de cada unha das actuacións concretas para as cales se solicita a subvención.

– Os obxectivos e a valoración económica das actuacións que se pretenden executar, cun orzamento desagregado no cal se detallen de forma separada os conceptos e os custos obxecto da axuda.

– Unha descrición dos contidos e da planificación da súa emisión no caso de solicitar as seguintes actuacións: Probadores interactivos. Aplicación para dispositivos móbiles (m-commerce). Escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela. Pantallas e mesas interactivas. Tótems publicitarios. Encerados dixitais. Aplicación de realidade virtual e aumentada. Mupis dixitais de sinalización e promoción en áreas comerciais.

b) Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención. No concepto deberase incluír, ademais da descrición dos gastos, a seguinte indicación: «Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico (C13. I4)», agás no caso de actuacións anteriores á data de publicación desta orde de convocatoria.

c) Declaración responsable sobre o cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo aos seis obxectivos ambientais (DSNH), de acordo co artigo 17 do Regulamento (EU) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (EU) nº 2019/2088, e de que as actuacións subvencionables cumpren a normativa ambiental autonómica, estatal e comunitaria (anexo VI).

d) Declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo VII).

e) Declaración de compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo VIII).

f) Compromiso de conceder os dereitos e os accesos necesarios para garantir que a Comisión, a Oficina Europea da Loita contra o Fraude (OLAF), o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e as autoridades nacionais competentes exerzan as súas competencias (anexo III).

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

BENEFICIARIOS

INTERESADOS

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais: As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas.

Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes: As asociacións e federacións de comerciantes sen ánimo de lucro, legalmente constituídas.

Requisitos

REQUISITOS

Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais:

a) Que o establecemento comercial para o cal se solicita a axuda teña carácter físico e permanente e esté localizado na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña ou comerciantes retallistas fóra dun establecemento comercial permanente, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que teña a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 187, do 26 de xuño).

c) Que a actividade principal do negocio se corresponda con algunha das actividades incluídas nos códigos 46 ou 47 da Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009), aprobada polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril, polo que se aproba a Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009).

En todo caso, requirirase que a actividade principal estea dada de alta nalgunha epígrafe do imposto de actividades económicas que se corresponda coas actividades incluídas nos CNAE 46 ou 47, agás as epígrafes 616, 654 e 655, así como calquera outra actividade económica que non se considere subvencionable de acordo co disposto nestas bases reguladoras.

No caso de que no establecemento se exerzan de maneira simultánea actividades subvencionables con outras non subvencionables, a persoa solicitante deberá acreditar mediante declaración responsable que a actividade comercial subvencionable é a principal (anexo III).

 

Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes:

a) Que teñan entre os seus fins estatutarios a defensa dos intereses do sector comercial.

b) Que teñan a sede social e o ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que teñan unha antigüidade mínima de tres anos na data da publicación desta orde.

d) No caso de asociacións de ámbito municipal, que teñan o número mínimo de comercios asociados dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE establecidas na liña 1.1.c) deste artigo, en función da poboación do concello, que se indica na Orde.