• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello de Santiago presenta os avances das liñas de investigación do proxecto Smartiago

Data de escritura

O estado das diferentes propostas de innovación presentáronse esta mañá no centro sociocultural de Santa Marta. Ao evento acudiron o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Presidencia, Gumersindo Guinarte e a secretaria xeral de Innovación do Ministerio de Ciencia e Innovación, entre outros.

Mesa de mobilidade: Maria Moreno, Juan Carlos González, Carlos Parrilla y Severino Castromán
O Alcalde durante a apertura da xornada
Concelleiro responsable de SMARTIAGO, Sindo Guinarte
Mesa sobre o futuro de SMARTIAGO

Este luns tivo lugar o evento de fin de proxecto da iniciativa Smartiago, impulsada polo Concello de Santiago para mellorar os servizos públicos a través de solucións innovadoras.

O alcalde destacou ao principio do evento que con este proxecto "aspiramos a ser unha cidade totalmente innovadora en tecnoloxía" e agradeceu a colaboración de todas as empresas e particulares inmersas en Smartiago xa que "desenvolver diferentes liñas de actuación para mellorar os servizos públicos a través da Compra Pública de Innovación é, aínda para nós, unha novidade, e soubemos xestionalo sempre con vistas ao futuro".

Durante o acto desenvolvéronse diferentes mesas relacionadas cos retos desta iniciativa impulsada polo Concello como a mobilidade sustentable ou a iluminación ornamental inteligente.

MESA RETO MOBILIDADE

A encargada de presentar as primeiras propuestas fue María Moreno Berguer, jefa do Servizo de Mobilidade do Concellode Santiago .

Moreno deu paso a Juan Carlos González de Froitos, director rexional de Kapsch , empresa encargada de traballar por unha mobilidade máis intelixente a través de cámaras, bolardos ou reductores que permitirán controlar o paso dos vehículos ao centro histórico da capital galega mediante Intelixencia Artificial.

Outro dos proxectos de mobilidade analizados foi o Xemelgo Dixital, de Itera Técnica. Nesta ocasión, Carlos Gustavo Grella García, da empresa MERASYS, expuxo os últimos avances dun traballo no que se recollen datos a través de sensores distribuídos en 22 bancos urbanos que se atopan pola cidade de Santiago. Esta información permitirá ao Concello planificar novas estratexias ou dispositivos de actuación ante eventos de gran afluencia.

Ademais, dentro do Xemelgo Dixital tamén se desenvolveu a aplicación móbil SmartWay Smartiago. A través desta ferramenta, dispoñible en iOS e Android, as persoas usuarias poderán idear e realizar rutas pola capital galega a pé ou usando un medio de transporte sustentable. Ao conseguir puntos poderán trocalos en diferentes establecementos da cidade como o Centro Comercial As Cancelas, a tenda ecolóxica de comestibles A Cesta da Saúde, o Multiusos Fontes do Sar - Santa Isabel e a tetería e ecotienda O Xardín dos soños.

A parte final desta mesa de mobilidade centrouse no vehículo autónomo modular deseñado por Vodafone, en colaboración coa empresa Phebus e a Universidade de Deusto.

Severino Castromán Souto, responsable de Administracións Públicas Galicia-Vodafone España, mostrou ao público a situación actual deste vehículo que xa realizou varios mapeos do centro histórico de Santiago para poder circular en por si.

MESA RETO ILUMINACIÓN

O proxecto Cromalux centrou todas as miradas ao lograr bos resultados en canto a unha iluminación máis eficiente e sustentable que, ademais de cumprir coa súa tarefa estética, tamén frea as colonias biolóxicas que degradan as fachadas dos monumentos históricos, reducindo o gasto en conservación dos mesmos.

A introdución ao proxecto foi presentada por Javier García Castelo, jefe do Servizo de Urbanismou do Concello de Santiago; quien deu paso a Sebastián Pantoja, director de programas estratéxicos de Televés e director do proxecto Cromalux, e a Patricia Sanmartín, directora científica do proxecto e integrante da Universidade de Santiago de Compostela.

MESA SMARTIAGO: DO PRESENTE AO FUTURO

Tras finalizar as presentacións dos diferentes proxectos, o evento focalizouse nos Living Lab, tamén chamados laboratorios en vivo.

Nesta ocasión tivo lugar unha charla participativa entre Jesús Rodríguez Castro, xefe do Servizo de Informática Concellode Santiago ; María Santiago S ieira, codirectora da oficina técnica do proxecto e Manuel Cutrín Domínguez, director da Asesoría Jurídica do Concello.
O tres incidiron en que Smartiago era un proxecto novo e novo polo que nun principio "non sabiamos como afrontalo" aínda que aprendemos a facelo grazas ao traballo e esforzo de moitos departamentos técnicos do Concello así como á colaboración empresas privadas e privadas ademais de institucións.

De feito, Cutrín destacou neste punto a importancia da contribución de os diferentes departamentos sinalando que "o fin último de Smartiago non era crear un modelo de mobilidade máis sustentable ou un sistema de iluminación intelixente senón captar os polos de xeración de coñecemento, establecer contactos e construír un sistema de colaboración con boa base". A iniciativa "acábase pero non finaliza", incidiu o director de Asesoría Xurídica do Concello, subliñando que "o papel das Administracións Públicas é clave neste tipo de propyestos nos que non se trata de investir en obras, senón en futuro".

Sobre Smartiago

O Concello de Santiago de Compostela impulsa a iniciativa Smartiago como estratexia para responder os retos de innovación implicando no proceso a axentes do Sistema de I+D+i local, rexional e nacional. O seu obxectivo principal é a posta en marcha dun conxunto de solucións tecnolóxicas innovadoras no ámbito das cidades intelixentes encamiñadas a converter a capital galega na primeira iniciativa que busca eficiencia, máxima aplicabilidade e adaptación de I+D ás problemáticas das Cidades Patrimonio no seu conxunto, de maneira que os resultados sexan altamente escalables, eficientes e replicables noutras cidades ou contornos nos que o Patrimonio Histórico sexa un atributo distintivo das mesmas.

O proxecto Smartiago desenvólvese en virtude a un convenio de colaboración da Liña FID (Fomento da Innovación desde a Demanda) entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e o Concello de Santiago de Compostela e está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dentro do marco do Programa Operativo Plurirregional de España 2014-2020, e nun 10% pola A xencia Galega de Innovación (GAIN).