• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura mañá luns, 28 de novembro, unha xornada sobre a Axenda Ubana 2030, organizada pola Cadena SER coa colaboración do Concello, e na que se vai dialogar sobre o Santiago do futuro. O foro, que se

Data de escritura
cartaz  Foro Conversa  Concello  Hotel Quinta da Auga

Santiago de Compostela é un dos 128 municipios seleccionados polo ministerio de Transportes para impulsar a Axenda Urbana 2030, unha iniciativa que contén 17 obxectivos de aplicación universal que, desde o 1 de xaneiro de 2016, rexen os esforzos dos países que conforman o sistema das Nacións Unidas, para lograr un mundo sustentable no ano 2030. Dentro deles, Santiago puxo en marcha a creación da Axenda Urbana dentro do ODS, obxectivo de desenvolvemento sustentable, 11, Cidades e Comunidades Sustentables, co fin de alcanzar unha urbe inclusiva, segura e resiliente.

Tras un labor de diagnose, os desafíos de futuro que se deben atender para o logro da Axenda Urbana de Santiago de Compostela 2030 xorden da achega de todos os axentes implicados neste proceso, que conta grazas á colaboración establecida coa Universidade de Santiago de Compostela con dúas persoas ao cargo da dirección executiva do proxecto: María Cadaval e Santiago Lago. Ambos profesionais encargáronse de coordinar os traballos e de redactar o documento estratéxico que resultará fundamental "para alcanzar un Santiago en favor das persoas, da cidade, do planeta e da prosperidade apropiada".

Despois da inauguración, que terá lugar ás 10:00 h, a cargo do alcalde Sánchez Bugallo, a coodirectora da Axenda Urbana de Santiago de Compostela 2030, a profesora de economía aplicada da USC, María Cadaval, impartirá un relatorio sobre o proceso de elaboración deste documento.

A continuación, celebrarase unha mesa redonda na que intervirán diferentes colectivos que participaron no proceso: Mar Pernas, da unión de cooperativas galegas EspazoCoop, Francisco Méndez, responsable de política industrial de CCOO, Rosa María Cardeso, secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago e Melchor Fernández, membro do comité técnico asesor do Consello Económico e Social de Compostela.

O catedrático de política económica da Universidade de Barcelona e presidente do Consello Económico e Social de España, Antón Costas, impartirá un relatorio sobre economía inclusiva e circular, e pechará o Foro a ministra de Transportes, Raquel Sánchez, que falará sobre Axenda Urbana e as novas formas de mobilidade para facer a cidades máis sustentables.