• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA AMPLIAR E DIVERSIFICAR A OFERTA CULTUAL EN AREAS NON URBANAS TERRITORIO CULTURA

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404F).

A finalidade destas axudas é reforzar e desenvolver as capacidades do sector cultural para acadar un tecido sólido máis aló dos grandes núcleos urbanos e contribuír, deste modo, a incrementar a actividade cultural no territorio, entendida como un motor de cambio, dinamización e transformación social.

A través desta liña de subvencións preténdese activar procesos culturais nas zonas non urbanas que afonden nos vínculos individuais e sociais co territorio, ofrecendo novas oportunidades laborais, de emprego estable e de calidade no eido cultural nas contornas rurais.

Documentación requerida

As entidades solicitantes deberán achegar xunto coa súa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

 

Categoría 1. Persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas.

1.1. Documentación administrativa:

1.1.1. Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou no que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.1.4. Alta no réxime xeral de autónomos se a persoa solicitante é persoa física.

1.1.5. Declaración de axudas (anexo V).

1.2. Documentación específica:

1.2.1. Ficha resumo-memoria técnica do proxecto e do espazo (anexo III). Esta memoria terá un máximo de 25 páxinas e contará coa seguinte estrutura e contido:

• Índice. • Obxectivos que persegue o proxecto destacando a súa capacidade de innovación e transformación. • Espazo/s onde se vai desenvolver. • Calendarización e previsión de desenvolvemento. • Equipo técnico e persoal implicado no proxecto. • Programa de actividades cunha breve descrición de cada unha. • Indicadores que permitan a avaliación do proxecto. • Outros axentes implicados no proxecto: asociacións, fundacións, redes. • Emprego de novas tecnoloxías. • Calquera outra información relevante que permita avaliar o proxecto conforme os criterios establecidos nas bases.

1.2.2. Plan económico financeiro/orzamento desagregado (anexo IV), no cal se describan os conceptos de gasto con e sen IVE, así como a previsión de ingresos e as fontes de financiamento que permitirán levar a cabo o proxecto. Este documento debe permitir comprobar a viabilidade técnica e económica do proxecto.

 

Categoría 2. Concellos e o sector público institucional deles dependente, segundo o artigo 82.2 da Lei 7/1985, da calquera Administración (organismos públicos, entidades de dereito público ou privado).

1.1. Documentación administrativa:

1.1.1. Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa responsable da secretaría da entidade, ou cargo asimilable, na cal se faga constar o acordo adoptado polo órgano competente para solicitar a subvención.

1.1.2. Normas de creación e estatutos de constitución, no suposto de entidades do sector público.

1.1.3. Acreditación do cumprimento de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do exercicio 2021, no suposto de entidades locais.

1.1.4. No suposto de organismos e entidades do sector público vinculados ou dependentes, a rendición de contas anuais ante o seu órgano de goberno.

1.2. Documentación específica:

1.2.1. Ficha resumo-memoria técnica do proxecto e do espazo (anexo III). Esta memoria terá un máximo de 25 páxinas e contará coa seguinte estrutura e contido: • Índice. • Obxectivos que persegue o proxecto destacando a súa capacidade de innovación e transformación. • Espazo/s onde se vai desenvolver. • Calendarización e previsión de desenvolvemento. • Equipo técnico e persoal implicado no proxecto. • Programa de actividades cunha breve descrición de cada unha. • Indicadores que permitan a avaliación do proxecto. • Outros axentes implicados no proxecto: asociacións, fundacións, redes. • Emprego de novas tecnoloxías. • Calquera outra información relevante que permita avaliar o proxecto conforme os criterios establecidos nas bases.

1.2.2. Plan económico financeiro/orzamento desagregado (anexo IV), no cal se describan os conceptos de gasto con e sen IVE, así como a previsión de ingresos e as fontes de financiamento que permitirán levar a cabo o proxecto. Este documento debe permitir comprobar a viabilidade técnica e económica do proxecto.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Establécense dúas categorías de posibles entidades beneficiarias desta convocatoria:

 

Categoría 1. As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, legalmente constituídas.

 

Categoría 2. Concellos e o sector público institucional deles dependente, segundo o artigo 82.2 da Lei 7/1985, de calquera Administración (organismos públicos, entidades de dereito público ou privado).

Requisitos

As entidades beneficias, ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:

 

Categoría 1. Persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas:

• Ter social ou estatutariamente como obxecto social a creación, organización, xestión, distribución de espectáculos en calquera das disciplinas de ámbito cultural, a investigación cultural, a consultoría cultural ou calquera ámbito relacionado co ecosistema cultural, no suposto de persoas xurídicas.

• Para o caso das persoas físicas (autónomas), estar de alta no réxime especial de traballadores autónomos en calquera das epígrafes relacionadas co ámbito cultural.

 

Categoría 2. Concellos e o sector público institucional deles dependente, segundo o artigo 82.2 da Lei 7/1985, de calquera Administración (organismos públicos, entidades de dereito público ou privado).

• Ter un máximo de 30.000 habitantes e unha densidade de poboación igual ou menor a 100 habitantes/km2 , segundo os últimos datos oficiais (INE/IGE).

• O concello deberá ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das últimas contas xerais do orzamento 2021.

 

As porcentaxes máximas de axuda e contías máximas son as seguintes:

Categoría 1. Persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas. A contía máxima da axuda será do 80 % do proxecto cun límite máximo, en todo caso, por persoa ou entidade beneficiaria de 50.000,00 euros.

Categoría 2. Concellos e seus organismos públicos, entidades de dereito público vinculados ou dependentes: a contía máxima da axuda será do 70 % do proxecto cun límite máximo, en todo caso, por persoa beneficiaria de 50.000,00 euros.