• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

As fendas sociais no foco do Mapa de Cohesión do Sistema Urbano do Eixo Atlántico

Data de escritura

Trátase do primeiro Mapa de Cohesión dun sistema urbano transfronteirizo e mide o nivel de cohesión da Eurorrexión, marcando o inicio dun proceso de innovación transformadora dos servizos e políticas sociais das cidades do Eixo. "Son as políticas sociais as únicas que poden garantir a cohesión social" explica o alcalde. Xosé Sánchez Bugallo, que explica que do mesmo xeito que "a calidade dun sistema democrático se mide pola protección que teñen as minorías, tamén a calidade dunha política social, e dun sistema social xusto e equilibrado, se mide pola protección que teñen os que máis dificultades pasan

Xoán Vázquez, Sánchez Bugallo e San Salvador
Intervencións rolda de prensa

Na presentación do informe, participaron ademais do alcalde, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao e o coordinador do mesmo, Roberto San Salvador. Un traballo que pretende compartir información dos municipios do Eixo Atlántico entre eles para corrixir as desigualdades e mellorar as políticas coincidindo cos retos globais do ámbito local que fixaba a Axenda Urbana.

Para o secretario xeral do Eixo atlántico, Xoán Vázquez Mao, "a situación que estamos a vivir coa tripla crise, a económica, a pandémica e, agora, a guerra en Ucraína, provocan un incremento das situacións de vulnerabilidade e empobrecimiento ao que se une, no noso territorio, o problema do envellecemento e o baixo poder adquisitivo no rural e o problema da fenda dixital que afecta aos mesmos sectores". Así, afirmou que é absolutamente prioritario "que acometamos a política social desde o coñecemento da realidade e, por tanto, poder definir as actuacións que se deben emprender coa maior urxencia".

Neste sentido tamén o alcalde apuntou ás fendas dixital, de xénero e entre os máis novos como os grandes retos a acometer desde as administracións públicas. "As dificultades para acceder a unha vivenda ou a un traballo estable son exemplo de toda unha serie de dificultades que nos obrigan a poñer o foco na poboación nova, na muller e en determinados sectores que a priori teñen unha maior fraxilidade" explicou Sánchez Bugallo que insiste en que "o noso gran reto non é asegurar unha calidade de vida aos que temos unha determinada idade, senón garantir un futuro á poboación máis nova".

Compartir información entre as cidades para corrixir desigualdades

O Mapa de Cohesión non é só unha fotografía de cada cidade que pertence ao Eixo Atlántico, senón que tamén pretende compartir información dos municipios entre eles para corrixir as desigualdades e mellorar as políticas coincidindo cos retos globais do ámbito local que fixaban a Axenda Urbana. "E iso é o que fixemos dunha forma innovadora porque ves a primeira vez que un sistema urbano transfronteirizo acomete a elaboración dun mapa de cohesión para coñecer a situación exacta do territorio e a comparativa no ámbito da cohesión social", subliñou Xoan Vázquez Mao.

O Mapa de Cohesión, o primeiro dun sistema urbano transfronteirizo, estuda a complexidade social, a igualdade de oportunidades, as fendasda vulnerabilidade; a dixitalización, a fenda dixital; a competitividade económica, o emprego digno e a brecha xeracional.
Tras a análise, Roberto San Salvador, autor do informe e Director do Equipo de Investigación Deusto Cities Lab Katedra, concluíu que a cohesión territorial das cidades e entidades do Eixo Atlántico evoluciona mellor que as desigualdades intraurbanas. Ademais, os datos que se mostran no informe reflicten un importante grao de cohesión. Para San Salvador, "as persoas en situación de vulnerabilidade e exclusión necesitan políticas sociais, máis personalizadas, máis transversais, máis integradas' por iso, sinala o autor, "Temos que atender as fendas de vulnerabilidade e exclusión que se están abrindo nas nosas cidades e territorios"

Os núcleos urbanos que pertencen ao Eixo Atlántico comparten unha cobertura sanitaria e educativa universal, a percepción de seguridade está estendida, a penetración dixital e as transformacións socioeconómicas han alcanzado a todos os espazos físicos. A maioría dos seus habitantes, independentemente onde vivan, gozan dunha elevada esperanza de vida, teñen acceso a unha alimentación de calidade, viven en barrios e casas que lles permiten levar unha vida digna, teñen acceso a espazos verdes e transporte público de calidade.

O informe foi elaborado polo equipo de Investigación da Universidade de Deusto Cities Lab Katedra, composto por: Roberto San Salvador do Val, Braulio Gómez, Fernando Villatoro, Martiño Rubal, Nerea Aranbarri, María Jesús Monteagudo e Geana de Miranda.