• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONTRATACIÓN PÚBLICA ESTRATÉXICA E ANÁLISE DA EFICIENCIA DOS CENTROS ESPECIAIS
DE EMPREGO DE GALICIA

CANDO?
O 5 de outubro de 2022.

ONDE?
Sede Afundación Santiago de Compostela / Rúa do
Vilar, 19, Santiago de Compostela.

CLÁUSULAS SOCIAS: A CONTRATACIÓN PÚBLICA É TAMÉN POLÍTICA PÚBLICA
Cando falamos de cláusulas sociais, facemos referencia á inclusión de aspectos de política social nos procesos de contratación pública. Estes aspectos de política social
poden incluír a promoción directa de emprego para persoas con discapacidade e os contratos reservados a centros especiais de emprego.
As cláusulas sociais son perfectamente compatibles cos principios de libre concorrencia e publicidade, que deben guiar toda licitación por parte da Administración. Do
mesmo xeito, dentro das condicións técnicas e administrativas, achegan un factor de innovación e beneficios ao sistema de contratación pública e todos os actores
implicados: Administración, empresas e sociedade en xeral.
As cláusulas sociais poden incorporarse tanto na fase de adxudicación dos contratos públicos, como na da súa execución, debendo articularse mecanismos que
garantan o seu cumprimento. Temos que considerar e cuantificar os beneficios sociais, o modelo de sociedade que axudamos a construír cando decidimos a que e a
quen destinamos os fondos públicos para contratación.
Coñecer a súa situación económico-financeira, determinar os factores da súa supervivencia e comprender os motivos polos cales son eficientes ou deixan de selo,
conduciríanos cara unha mellor xestión e redundaría nunha maior lonxevidade e madurez dos Centros Especias de Emprego, coa consecuente mellora no logro dos
seus obxectivos sociais. Hai ter en conta que o peche destes centros prexudicaría en gran medida ao colectivo de traballadores con discapacidade, as súas familias e ao
resto dos grupos de interese da súa contorna.
É necesario: analizar os CEE na Economía Social como empresas sociais; revisar os modelos de integración laboral, traballo con apoio e emprego protexido; realizar un
análise económico e financeiro dos CEE de Galicia; determinar factores chave na supervivencia e viabilidade dos CEE; analizar os distintos métodos de medición do
impacto social e a súa integración nos informes financieros e de sustentabilidade; analizar a eficiencia dos CEE e determinar factores externos explicativos da mesma.

MISIÓN ECONÓMICA E SOCIAL: ANÁLISE DA EFICIENCIA DOS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

PROGRAMA:

09:00-09:30h Apertura e presentación / Representantes
da Administración pública, de AEDIGAL e de FADEMGA.
09:30-11:00h ¿A compra pública salvará o mundo? Unha
contratación pública realmente estratéxica /
Javier Mendoza Jiménez
11:00-11:30h Rolda de preguntas a Javier Mendoza
Jiménez
11:30-12:00h Descanso
12:00-13:30h Análise da eficiencia dos centros especiais
de emprego en Galicia / Juan Torrelles Manent
.
13:30-14:00h Rolda de preguntas a Juan Torrelles
Manents
14:00-14:15h Peche da xornada

Documentación requerida

Non se especifica.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

A xornada vai dirixida a profesionais do Terceiro Sector, da Administración e da Economía Social, en concreto a:
-Persoal técnico dos concellos encargado de procesos de contratación pública.
-Persoal técnico encargado da xestión de Centros Especiais de Emprego.
-Persoal técnico encargado da xestión de entidades de acción social.
-Directivos, directivas e xerentes de entidades de acción social e da economía social.
-Representantes e persoal de plataformas de acción social de segundo nivel.
-Profesionais do ámbito da promoción do emprego.
-Representantes da Administración local, provincial e autonómica.
-Persoal e representantes de asociacións empresariais e sindicatos.

Requisitos

INSCRICIÓNS CONTACTO
Nome completo.
Entidade.
Prazas limitadas.
Para inscribirse é preciso cumprimentar o formulario que poderán atopar nas páxinas web de aedigal e fademga:

Solicitaranse os seguintes datos:

Nome completo.
Entidade.

CONTACTO:

Sergio García Mato
info@aedigal.org
981519650

Santiago Paz Sixto
emprego@fademga.org
981519650