• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

UNINOVA colabora coa Fundación Innovación Bankinter nunha nova edición do Programa de Innovación AKADEMIA para alumnado da USC

O programa Akademia persigue fomentar a visión innovadora e emprendedora nos estudantes universitarios. A edición Akademia-USC 2022-2023 será en formato en liña, e gratuíto para os alumnado da Universidade compostelá

AKADEMIA é un programa innovador con expertos de referencia internacional que axuda aos estudantes a coller as rendas do seu futuro e a levar as súas carreiras ao seguinte nivel. Está enfocado a perfís non conformistas, que estean pensando xa en cal será o seu seguinte paso ao rematar o grao, que futuro queren construír, e capaces de iren contracorrente, en suma, estudantes que non se conformen, que sexan proactivos á hora de decidir que queren facer co seu futuro, que se atrevan a desafiar o camiño establecido e busquen o seu propio.

A metodoloxía do programa está organizada en torno a 8 sesións en directo de 1 hora de duración cada unha. Cada unha das sesións será guiada por un experto de referencia internacional no seu campo, persoas con experiencia, coñecemento e visión que presentarán cada unha das súas áreas desde unha perspectiva novidosa. A temática das distintas sesións será a seguinte: Innovación, Enerxía, Telecomunicacións, Big Data, Algoritmos e Mundo Cuántico, xunto con 2 sesións de Traballo en Equipo.

Cabe salientar que se trata dunha formación transversal, polo que poden participar estudantes de calquera perfil, e que empeza desde cero. O obxectivo final desta iniciativa é o de axudar aos estudantes a que os seus estudos non se estanquen e manteñan o ritmo dun mundo imparable, ao tempo que teñen a oportunidade de coñecer a outras persoas coas súas mesmas inquedanzas, permitindo agudizar o seu instinto para detectar as tendencias que deseñarán o futuro.

Documentación requerida

Non se esixe.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Este Programa, creado no ano 2008 pola Fundación Innovación Bankinter para influír na educación dos mozos e dotalos de coñecementos que esperten actitudes e os motiven a asumir o reto que supón enfrontarse a un contorno en constante cambio, vense organizando para alumnos da USC desde o ano 2009.

Nesta edición, como na pasada, vaise facer en modo en liña e con 3 convocatorias distintas, para intentar adaptarse mellor aos distintos horarios do alumnado, e ofrecendo aos estudantes a oportunidade de integrarse en grupos formados por alumnado de todas as universidades participantes (a USC, a Universitat Politècnica de València, a Universidad Loyola, a Universidad de Murcia e o IEB).

-Convocatoria 1. Luns de 16 a 17 h. Duración: do 24 de outubro ao 23 de xaneiro de 2023. Data límite de inscrición: 14 de outubro
-Convocatoria 2. Mércores de 12:30 a 13:30 h. Duración: do 19 de outubro ao 1 de febreiro de 2023. Data límite de inscrición: 7 de outubro
-Convocatoria 3. Venres de 12 a 13 h. Duración: do 14 de outubro ao 2 de decembro de 2022. Data límite de inscrición: 30 de setembro
 

Requisitos

Para o rexistro, simplemente hai que entrar na páxina web do Programa, cubrir os datos, indicar o perfil en linkedin e expor a motivación para participar.

Para máis información podedes poñervos en contacto con UNINOVA en rosamaria.sanchez@usc.es ou no teléfono +34 881 815 596.

Imaxe do programa AKADEMIA