• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

UNINOVA colabora coa Fundación Innovación Bankinter nunha nova edición do Programa de Innovación AKADEMIA para alumnado da USC

Data de escritura

O programa Akademia persigue fomentar a visión innovadora e emprendedora nos estudantes universitarios. A edición Akademia-USC 2022-2023 será en formato en liña, e gratuíto para os alumnado da Universidade compostelá.

AKADEMIA. O teu futuro empeza hoxe. Lánzate

Uninova, a incubadora de empresas do Concello de Santiago e da USC, está a colaborar, un ano máis, coa Fundación Innovación Bankinter no Programa de Innovación AKADEMIA para alumnos da Universidade de Santiago de Compostela, un programa de innovación en liña e gratuíto.

Este Programa, creado no ano 2008 pola Fundación Innovación Bankinter para influír na educación dos mozos e dotalos de coñecementos que esperten actitudes e os motiven a asumir o reto que supón enfrontarse a un contorno en constante cambio, vense organizando para alumnos da USC desde o ano 2009.

Nesta edición, como na pasada, vaise facer en modo en liña e con 3 convocatorias distintas, para intentar adaptarse mellor aos distintos horarios do alumnado, e ofrecendo aos estudantes a oportunidade de integrarse en grupos formados por alumnado de todas as universidades participantes (a USC, a Universitat Politècnica de València, a Universidad Loyola, a Universidad de Murcia e o IEB).

-Convocatoria 1. Luns de 16 a 17 h. Duración: do 24 de outubro ao 23 de xaneiro de 2023. Data límite de inscrición: 14 de outubro
-Convocatoria 2. Mércores de 12:30 a 13:30 h. Duración: do 19 de outubro ao 1 de febreiro de 2023. Data límite de inscrición: 7 de outubro
-Convocatoria 3. Venres de 12 a 13 h. Duración: do 14 de outubro ao 2 de decembro de 2022. Data límite de inscrición: 30 de setembro

AKADEMIA é un programa innovador con expertos de referencia internacional que axuda aos estudantes a coller as rendas do seu futuro e a levar as súas carreiras ao seguinte nivel. Está enfocado a perfís non conformistas, que estean pensando xa en cal será o seu seguinte paso ao rematar o grao, que futuro queren construír, e capaces de iren contracorrente, en suma, estudantes que non se conformen, que sexan proactivos á hora de decidir que queren facer co seu futuro, que se atrevan a desafiar o camiño establecido e busquen o seu propio.

A metodoloxía do programa está organizada en torno a 8 sesións en directo de 1 hora de duración cada unha. Cada unha das sesións será guiada por un experto de referencia internacional no seu campo, persoas con experiencia, coñecemento e visión que presentarán cada unha das súas áreas desde unha perspectiva novidosa. A temática das distintas sesións será a seguinte: Innovación, Enerxía, Telecomunicacións, Big Data, Algoritmos e Mundo Cuántico, xunto con 2 sesións de Traballo en Equipo.

Cabe salientar que se trata dunha formación transversal, polo que poden participar estudantes de calquera perfil, e que empeza desde cero. O obxectivo final desta iniciativa é o de axudar aos estudantes a que os seus estudos non se estanquen e manteñan o ritmo dun mundo imparable, ao tempo que teñen a oportunidade de coñecer a outras persoas coas súas mesmas inquedanzas, permitindo agudizar o seu instinto para detectar as tendencias que deseñarán o futuro.

Para o rexistro, simplemente hai que entrar na páxina web do Programa, cubrir os datos, indicar o perfil en linkedin e expor a motivación para participar.

Para máis información podedes poñervos en contacto con UNINOVA en rosamaria.sanchez@usc.es ou no teléfono +34 881 815 596.