• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello e a USC organizan a IV Feira de Emprendedoras do 26 ao 30 de setembro

O Concello de Santiago e a Universidade de Santiago (USC) colaboran un ano máis para organizar a IV edición da Feira de Emprendedoras de Compostela, que esta edición porá o foco nas entidades do sector artístico e cultural da cidade e a súa contorna. Este evento, destinado a emprendedoras de Compostela e a súa contorna, así como a universitarias como futuras empregadas e creadoras de emprego, será por cuarto ano consecutivo un punto de encontro e de intercambio entre mulleres referentes e outras emerxentes no mundo do emprendemento.

Nesta edición o Campus estará centrado nos sectores culturais e artísticos, dirixíndose a entidades de Santiago e da contorna con actividades neste amplo ámbito, moitas delas creadas por mulleres referentes que contribúen á consolidación dun tecido empresarial de gran valor engadido e aliñado cos valores feministas. Así, este evento pretende ser un espazo de diálogo directo no que as asistentes poidan compatir experiencias, inquedanzas e aprendizaxes.

Documentación requerida

Inscribirse a través do correo womanemprende.usc@gmail.com

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Este Campus de Emprendemento ofrecerá unha parte de formación, de balde para as alumnas universitarias. Xa que a cultura e a arte van ser as protagonistas desta edición, a formación empregará técnicas teatrais e estará a cargo de Nekane Fernández, emprendedora, psicóloga, actriz e formadora de teatro.

Este curso desenvolverase entre o 26 e o 29 de setembro no Teatro Principal de Santiago, en horario de 17:00 a 20:30 horas. As inscricións poden facerse a través do correo womanemprende.usc@gmail.com.

Tras a formación, o día 30 de setembro, as alumnas realizarán unha mostra teatral no propio Teatro Principal, acompañadas por Mónica García (Grupo Chévere) e a artista multidisciplinar Celia Pía.
 

Imaxe da IV Feira de Emprendedoras de Compostela 2022