• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS A DOTACION DE EQUIPAMENTOS E ACTIVOS QUE FOMENTEN A INNOVACION E A COMPETITIVIDADE DA INDUSTRIA CULTURAL E CREATIVA GALEGA

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e a competitividade da industria cultural e creativa galega ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT207N).

Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para a dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e a competitividade da industria cultural e creativa galega (código de procedemento CT207N).

Serán obxecto de subvención aqueles proxectos de investimento en activos fixos vinculados á actividade produtiva das empresas da industria cultural e creativa, con especial atención á dixitalización, innovación, xeración de novos públicos e incremento da eficiencia enerxética e sustentabilidade ambiental.

As accións elixibles que se financiarán a través desta liña de axudas son:

• Adquisición de equipamentos e doutros activos fixos materiais.

• Adquisición de activos fixos inmateriais, incluíndo licenzas de programas informáticos destinados ao proceso produtivo da empresa pero non á súa renovación.

• Adquisición de servizos Software as a Service (SaaS).

• Adecuación do espazo físico para a colocación dos equipamentos obxecto da subvención.

Documentación requerida

Deberase achegar xunto coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

Documentación administrativa:

-Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine e nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

-Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no Rexistro Mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

-Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

Documentación técnica:

-Ficha resumo-memoria técnica do proxecto (anexo III). Nun máximo de 10 páxinas, a entidade solicitante deberá explicar o proxecto para o cal solicita a axuda, así como unha breve referencia á traxectoria da empresa e á súa actividade dentro da industria creativa, e á incidencia que este proxecto terá na estratexia de futuro da empresa.

-Plan económico-financeiro/orzamento desagregado (anexo IV).

-De ser o caso, copia da escritura de propiedade ou doutros documentos válidos en dereito que amose a dispoñibilidade por parte da persoa solicitante do espazo onde se realizará o proxecto obxecto da subvención (se inclúe obra civil).

-Documentación acreditativa do volume de negocio dos anos 2018 e 2019.

- Documentación acreditativa do cadro de persoal.

-Documentación acreditativa, de ser o caso, da certificación da empresa no modelo EFQM e/ou normas ISO.

-Calquera outra documentación que a entidade solicitante considere que poida servir para acreditar os criterios de valoración establecidos nestas bases.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste programa as persoas físicas (autónomos) e as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, con sucursal, ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.

Requisitos

Estas entidades deberán desenvolver a súa actividade principal de xeito habitual en Galicia e nalgunha das epígrafes da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE 2009) que se relacionan a seguir: 1820: Reprodución de soportes gravados. 5811: Edición de libros. 5821: Edición de videoxogos. 5912: Actividades de posprodución cinematográfica, vídeo e programas TV. 5915: Actividades de produción cinematográfica, vídeo e programas TV. 5916: Actividades de producións de programas de televisión. 5917: Actividades de distribución cinematográfica e vídeo. 5918: Actividades de distribución de programas de televisión. 5920: Actividades de gravación de son e edición musical. 6020: Actividades de programación e emisión de televisión. 7420: Actividades de fotografía. 7739: Alugueiro doutra maquinaria, equipamentos e bens tanxibles. 9001: Artes escénicas. 9002: Actividades auxiliares ás artes escénicas. 9003: Creación artística e literaria.

 

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 3 da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020, modificada pola Orde HAC/114/2021, do 5 de febreiro, o investimento realizado obxecto desta subvención ten que estar localizado nun centro de traballo en Galicia.

 

Así mesmo, as entidades beneficiarias deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme) segundo a definición contida no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, sobre a definición de microempresas, pequenas e mediana empresas (DOUE-L-2014-187/1), en función dos seus efectivos, do seu volume de negocio e do seu balance anual.