SUBVENCIONS PARA INVESTIMENTOS EN ECOINNOVACION E DIXITALIZACION DA INDUSTRIA FORESTAL-MADEIRA
Axencia Galega da Industria Forestal
RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para investimentos en ecoinnovación e dixitalización da industria forestal-madeira e outras industrias que desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas na madeira, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento IN500C e IN500D).
Contribuír a fomentar a modernización e a dixitalización do sector forestal-madeira e impulsar o ecodeseño e a economía circular.
Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que cumpran cos requisitos recollidos no artigo 5 e que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de maio de 2023.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I e II) a seguinte documentación:
a) Acreditación da representación suficiente para actuar no nome da persoa solicitante, no caso de que a solicitude non estea asinada por representante legal.
b) Escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores, no caso dunha sociedade.
c) Certificado de situación censual, no caso de autónomos.
d) No caso de non autorizar a súa consulta, certificado de inscrición no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) cos datos actualizados, só para solicitudes da liña 2 (IN500D).
e) No suposto de non estar inscrito no Resfor, documentación acreditativa da alta nalgún código CNAE ou, se é o caso, calquera outro medio válido en dereito, que certifique a realización de actividades obxecto de subvención, só para solicitudes da liña 2 (IN500D).
f) Para a acreditación da condición de peme:
i. Declaración da condición de peme, segundo os anexos III.1, III.2 e III.3. Deberán estar cubertos todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos e de persoal serán referidos aos do último exercicio económico pechado. ii. No caso de empresas vinculadas ou asociadas coa empresa solicitante: – Copia das contas anuais do último exercicio económico pechado de cada unha das empresas. – Informe oficial da Seguridade Social de vida laboral dos 12 meses anteriores á data de publicación da convocatoria para todos os réximes en que figure dada de alta cada unha das empresas.
g) Memoria técnica do proxecto (anexo IV e V, segundo a liña que corresponda), en que se xustifique o cumprimento das condicións de proxecto descritas no artigo 5. h) Memoria económica do proxecto (anexo VI e VII, segundo a liña que corresponda), onde se detalle o orzamento de gasto desagregado por partidas. Deberá especificarse o importe da execución. Na memoria indicarase obrigatoriamente a distribución por anualidades proposta polo solicitante.
i) Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o fornezan. Os orzamentos desagregarán perfectamente os investimentos para os cales se solicita a axuda, co fin de que sexan claramente comparables entre eles, e cumprirán cos requisitos establecidos no artigo 5.1.e).
j) No caso da liña 1 (IN500C), cando varias empresas se presenten agrupadas deberán presentar o anexo XIV, pluralidade de solicitantes.
Para a liña 1-ecoinnovación (código de procedemento IN500C):
a) Pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) da industria forestal-madeira radicadas en Galicia que realicen aproveitamentos forestais ou que utilicen a madeira, a resina, a cortiza e os seus derivados ou outros produtos de orixe forestal, exceptuando os produtos alimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos.
b) Pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) radicadas en Galicia que implementen ou desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas en madeira.
c) Organismos intermedios: organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia que, de forma habitual, presten servizos de apoio á innovación e modernización ás pemes e que dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos, e que desenvolvan a súa actividade principal en Galicia.
Para a liña 2-dixitalización (código de procedemento IN500D):
a)Pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) da industria forestal-madeira radicadas en Galicia que realicen aproveitamentos forestais ou que utilicen a madeira, a resina, a cortiza e os seus derivados ou outros produtos de orixe forestal, exceptuando os produtos alimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos.
b) Asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro, públicas ou privadas, que teñan base asociativa e sexan representativas ou estean relacionadas coa cadea de valor da industria forestal-madeira e que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
Para alcanzar a condición de beneficiarias, deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, ou dadas de alta nalgún código CNAE ou dispoñer de calquera outro medio válido en dereito que acredite a realización de actividades obxecto de subvención antes da presentación da solicitude.
Para estes efectos, tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014 (inclúe autónomos que cumpran a condición de pequena empresa).
Para efectos das axudas de minimis, conforme a normativa aplicable, enténdese por empresa calquera entidade que exerza unha actividade económica, con independencia da súa natureza xurídica e da súa forma de financiamento.
Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse antes da presentación da solicitude de axudas.