• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A intelixencia artificial chega ás tendas físicas

Data de escritura

O comercio pode saber o comportamento das persoas compradoras desde que están fronte ao escaparate ata se finalmente realizan a compra, pero toda esta información é aínda máis útil grazas á intelixencia artificial, xa que se poden automatizar e optimizar procesos e analizar, entre outros parámetros, o tráfico e seccións con máis afluencia, o percorrido das persoas compradoras en tenda, o segundo en que deixan de ver un vídeo nunha pantalla ou, mesmo, a súa expresión facial e xénero.

Esta análise, realizada anonimamente (respectando a privacidade das persoas consumidoras), permite personalizar a rede de pantallas ou as ferramentas móbiles de enganche (beacons, cartelería dinámica, QR), por exemplo, nas axencias de viaxes de B The Travel Brand, grazas á información que obteñen da cartelería interactiva conseguiron personalizar a publicidade en cada tenda. Desde Palma de Mallorca controlan a cartelería de 500 puntos de venda.