• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS E PRESTAMOS PARA O FINANCIAMENTO DOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2022 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

Constitúe o obxecto das presentes bases reguladoras a concesión de axudas e, se é o caso, de préstamos parcialmente reembolsables, para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:

I.1. Proxectos de investimento empresarial xerais.

I.2. Proxectos de investimento empresarial no sector de aloxamento.

I.3. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a documentación relacionada para cada modalidade do anexo I, na alínea E) do cadro de especificacións.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa presentación.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que se realizou a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitarlle de maneira motivada que presente unha copia autenticada electrónica.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias destas axudas e préstamos as pequenas e medianas empresas (en diante, pemes) que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado subvencionable ao abeiro do regulado nas presentes bases.

Para os efectos das presentes bases, consideraranse pemes as empresas que respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

No caso das agrupacións, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.

Requisitos

Requisitos específicos da tipoloxía de proxecto.

i. Os proxectos de creación dun novo establecemento deberán responder a algunha das situacións seguintes:

i.a) Creación dun primeiro establecemento.

i.b) Creación dun novo establecemento por traslado con ampliación de capacidade. Deberán cumprir o previsto no seguinte punto ii.

i.c.) Creación dun novo establecemento con ampliación da capacidade produtiva. Deberán cumprir o previsto no seguinte punto ii.

ii. Nos proxectos de ampliación de capacidade dun establecemento existente deberá acadarse, unha vez finalizados os investimentos, un incremento mínimo dun 10 % da capacidade produtiva medida en unidades vendidas ou en valor da produción.

iii. Nos proxectos de diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que anteriormente non se producían nel, o investimento subvencionable deberá superar o 200 % do valor neto contable dos activos que se reutilizan, de acordo cos rexistros do balance de situación das contas anuais correspondentes ao último exercicio económico pechado na data de presentación da solicitude.

iv. Os proxectos de cambio fundamental no proceso global de produción suporán a implementación dunha innovación no proceso global de produción que impliquen o uso por primeira vez de métodos de organización que inclúan melloras nas rutinas e procedementos de xestión do traballo, dos sistemas de produción ou a integración de áreas funcionais da empresa.