• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA MULLER 22

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 20 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Muller 22, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento TR770A).

Proceder, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, á convocatoria para o ano 2022 dos incentivos á contratación indefinida inicial de mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo (código de procedemento TR770A).

Os incentivos previstos nesta orde serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais a tempo completo que se celebren desde o 1 de xaneiro de 2022 e ata o 30 de setembro de 2022 con mulleres desempregadas.

Para os efectos desta orde, entenderase por muller desempregada aquela que figure inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia no momento da súa contratación e que, pola súa vez, careza de ocupación segundo o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, se é o caso, segundo certificado da mutualidade do colexio profesional, na data de alta no momento da súa contratación.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación.

 

a) Cando se actúe mediante representación, acreditación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Quedan excepcionadas da dita presentación as persoas ou entidades inscritas no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia que garantan representación para este procedemento.

b) Declaración responsable de adecuación ao principio de «non causar prexuízo significativo», segundo o establecido no artigo 5 desta orde (anexo II).

c) Autorización para a comprobación de datos da persoa traballadora contratada (anexo III).

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as cooperativas e as sociedades laborais, que contraten por conta allea mulleres desempregadas, inscritas como demandantes de emprego, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde. Tamén poderán ser beneficiarios dos incentivos os centros especias de emprego e as empresas de inserción laboral, excepto para facer contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social respectivamente.

Requisitos

Requisitos das contratacións:

 

A contratación realizada coa muller desempregada pola que se solicita a subvención deberá ser indefinida inicial, incluída a modalidade de fixos-descontinuos dun mínimo de 9 meses de duración, e cunha xornada a tempo completo.

 

As contratacións polas que se solicita subvención deberán estar comunicadas, a través da aplicación Contrat@ á oficina pública de emprego que corresponda, no momento da solicitude.