• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Oficina de Promoción Económica asiste á Asemblea Xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local

Data de escritura

Onte xoves tivo lugar no municipio de Roa (Burgos), a Asemblea Xeral de REDEL, a Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, da que forma parte o Concello de Santiago a través da Oficina de Promoción Económica. O encontro contou coa participación de case a totalidade das 31 entidades asociadas a REDEL así como do Ayuntamiento de Fuenlabrada e a Diputació de Castelló, cuxa incorporación á rede foi aprobada durante a reunión.

Foto de familia durante a Asemblea Xeral de Redel

A entidade SODEBUR exerceu de anfitriona da Asemblea Xeral de onte na que se aprobaron a memoria de actividade e o peche do exercicio de REDEL de 2021, así como as conclusións do Congreso de Desenvolvemento Local celebrado a finais do ano pasado tras un período de reflexión estratéxica.

Durante a xuntanza, tamén se presentou unha infografía con datos que reflicten a representatividade das entidades que conforman a Rede no conxunto do estado. Só en 2021 apoiouse a creación de máis de 10.000 novas empresas que supuxeron a xeración de máis de 38.000 empregos e un investimento no territorio próxima aos 200 millóns de euros. REDEL conta á súa vez cunha importante rede de infraestruturas para o desenvolvemento local con máis de 3.000 espazos e oficinas para persoas emprendedoras e empresas.

Ademais, por primeira vez desde o seu nomeamento, o Consello Asesor de REDEL, órgano de carácter consultivo participou na Asemblea presentando un ditame cunha proposta de accións concretas a levar a cabo por REDEL no curto e medio prazo para axudar á sustentabilidade económica das entidades de desenvolvemento local. O financiamento do desenvolvemento local é unha materia pendente e segue sendo un dos retos máis sobresalientes e permanentes das entidades de desenvolvemento local.

O encontro continúa hoxe en Caleruega cun taller organizado por SODEBUR no que se compartirán diversas experiencias de interese en desenvolvemento local que se están a desenvolver na provincia de Burgos: o Consello Regulador Ribera del Duero, o Valle Digital, o Programa Microcréditos Emprende Rural, voluntariado na Ribera del Duero, o Proyecto Repoblación Belorado e a visita ao mosteiro de Santo Domingo de Guzmán.

Rede de Entidades de Desenvolvemento Local
REDEL, xorde como resposta á necesidade que existe de colaborar e traballar entre as axencias locais para ampliar os coñecementos adquiridos pola experiencia de cada socia/ou e innovar e desenvolver proxectos conxuntamente, así como exercer un lobby. Naceu no ano 2008 como unha Rede de entidades expertas en desenvolvemento local que traballa para a mellora continua das organizacións a través da reflexión, a xestión do coñecemento e a colaboración, buscando o recoñecemento e a posta en valor a nivel técnico e político do desenvolvemento local e a súa proxección a nivel internacional.

REDEL, por tanto, está formada por un conxunto de Axencias de Desenvolvemento Económico Local e organizacións que promoven o seu traballo en rede en distintos territorios españois, e ten a vocación de constituírse nun referente para este tipo de entidades, as instancias políticas que as apoian, os profesionais que forman parte delas e, en xeral, os diversos actores que interveñen no deseño e a xestión das políticas de desenvolvemento económico local no noso país.

En REDEL quérese recalcar o importante papel que as políticas de desenvolvemento económico local viñeron desempeñando nas tres últimas décadas no noso país en ámbitos como a promoción do espírito emprendedor entre a poboación; a mellora das posibilidades de acceder a un emprego, especialmente para colectivos desfavorecidos; o fortalecemento dos sistemas produtivos locais; a dinamización comercial e turística dos nosos municipios, comarcas e provincias; entre moitos outros. A proximidade ao territorio, ás persoas e ás empresas que viven, móvense e levan a cabo as súas actividades nel, das entidades que despregamos estas políticas foi, é e será a clave principal dos éxitos conseguidos.

As 31 entidades de desenvolvemento local asociadas a REDEL ofrecen os seus servizos a un total de 1.784 municipios cuxa poboación ascende a 26.095.784 habitantes. A día de hoxe forman parte da Rede: a Agència Metropolitana de Desenvolupament Econòmic – AMB, Ayuntamiento de Alicante – Agencia Local de Desarrollo Económico y Social, Impulsalicante, Ayuntamiento de Cartagena – Agencia de Desarrollo Local y Empleo, Ayuntamiento de Castellón de la Plana – Agencia de Desarrollo Local, Ayuntamiento de Elche – Concejalía de Promoción Económica y Empleo, Ayuntamiento de Fuenlabrada – Centro de Iniciativas para la Formación y el Empleo, Ayuntamiento de Huesca – Área de Desarrollo Local, Economía Social, Industria y Comercio, Ayuntamiento de Madrid – Subdirección General de Economía e Industria, Ayuntamiento de Málaga – Promálaga, Ayuntamiento de Medina del Campo – Servicio de Desarrollo Local, Ayuntamiento de Murcia – Centro de Iniciativas Municipales de Murcia, Ayuntamiento de Valencia – València Activa, Ayuntamiento de Zaragoza – Oficina Técnica de Empleo, Emprendimiento e Inclusión Social, Barcelona Activa, SAU SPM, Concello de Santiago de Compostela – Oficina de Promoción Económica, Diputación de Barcelona – Área de Desarrollo Económico, Turismo y Comercio, Diputación de Castellón – Servicio de Promoción Económica y Relaciones Internacionales, Diputación de Tarragona – Área de Recursos Humanos, Ocupación y Emprendimiento, Diputación de Valencia – Sección de Desarrollo Rural y Despoblación, Garapen – Asociación Vasca de Agencias de Desarrollo, Getafe Iniciativas, S.A., Instituto Leonés de Desarrollo Económico, Formación y Empleo (ILDEFE) – Ayuntamiento de León, Instituto Municipal de Desarrollo Económico y Empleo de Córdoba (IMDEEC), Instituto Municipal de Promoción Económica, Formación y Empleo (IMPEFE) – Ayuntamiento de Ciudad Real, Móstoles Desarrollo, Navarra de Suelo y Vivienda, S.A. (NASUVINSA), PalmaActiva, Segovia Activa, Sociedad de Desarrollo de Santa Cruz de Tenerife, S.A.U., Sociedad para el Desarrollo de la provincia de Burgos, S.A. (SODEBUR), e SOFEJEA, S.A. – Agencia de Desarrollo de Ejea de los Caballeros.