SUBVENCIONS PARA A PROMOCION E DIFUSION DE PROXECTOS MUSICAIS PROFESIONAIS
Axencia Galega das Industrias Culturais
Resolución do 21 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a promoción e difusión de proxectos musicais profesionais, ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100% polo FEDER, dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020
Resolución do 27 de maio de MODIFICACION da Resolución anterior.
A finalidade destas subvencións é mellorar a calidade dos proxectos, axilizar a modernización da industria musical, o crecemento de uso de novas tecnoloxías e a dixitalización nas diferentes fases da produción musical, realizada por empresas con actividade habitual na Comunidade Autónoma de Galicia, a través dun apoio a proxectos musicais que consoliden a cadea de valor da industria musical, con criterios de sustentabilidade e rendabilidade do investimento público.
Deberá achegarse xunto coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:
- Documentación administrativa:
Para o caso de que a persoa solicitante sexa persoa xurídica, deberá achegar:
a) Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a firme e nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.
b) Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.
c) Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
2. Documentación técnica:
Presentar un proxecto musical en calquera das áreas da cadea de valor da industria musical, como promoción, comercialización, internacionalización e distribución, cunha Memoria xeral do proxecto (anexo IV) para o que se solicita a axuda, que deberá conter, a lo menos os seguintes datos:
a) Memoria xeral do proxecto e das actividades a desenvolver (máximo 10 páxinas).
b) Traxectoria do artista ou artistas que formarán parte do proxecto musical, achegando a ficha artística-técnica de cada participante, na que se incluirá a relación de singles editados e os concertos realizados entre 2017 e 2021, ambos inclusive.
c) Traxectoria da entidade solicitante e a súa actividade durante o últimos cinco anos que permita valorar os criterios de valoración expresados nestas bases.
d) Calendario de execución de cada unha das actividades que conforman o proxecto
e) Indicadores de seguimento que permitan medir o alcance do proxecto e os seus obxectivos. Indicarase o punto de partida e o que se persegue alcanzar a través deste proxecto. Para o caso de proxectos musicais colectivos, cada proxecto deberá determinar os seus indicadores de seguimento. Exemplos de indicadores: crecemento de seguidores nas RRSS; incremento de ventas por entradas; número asistentes concertos; incremento do posicionamento nas playlist; porcentaxe de interaccións, KPI’s en prensa, radio....
Orzamento do proxecto: previsión de gastos e ingresos do proxecto, referencias para o seu cálculo e, de ser o caso, declaración doutras subvencións. O orzamento estará desagregado por conceptos e indicarase o seu custo con e sen IVE (anexo V).
Só para a modalidade B: Un documento anexo cunha relación dun mínimo de 150 concertos realizados entre os anos 2017 e 2021 ambos os dous inclusive, que inclúa artistas, datas e lugares da súa celebración.
As empresas e as persoas traballadoras autónomas con sucursal, ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, ou nun estamo membro da UE, ou que forma parte do acordo que establece a Area Económica Europea, e que desenvolva a súa actividade habitual en Galicia
As persoas ou entidades solicitantes deberán acreditar que están dadas de alta nalgunha das epígrafes do imposto sobre actividades económicas relacionados coa actividade subvencionable de entre os que se enumeran deseguido, cunha antigüidade de, cando menos, 5 anos consecutivos:
033-Actividades relacionadas coa música. Cantantes.
851-Profesionais relacionados co espectáculo. Representantes técnicos do espectáculo.
853-Profesionais relacionados co espectáculo. Axentes colocación artistas.
965-Servizos recreativos e culturais. Espectáculos.
965.1-Espectáculos en salas e locais
965.2-Espectáculos ao aire libre.
965.3-Espectáculos fóra de establecemento permanente.
983-Parques de recreo, feiras e outros servizos relacionados co espectáculo. Organización de congresos. Parques ou recintos feirais. Axencias de colocación de artistas
Así mesmo, as persoas ou entidades beneficiarias deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa
Serán obxecto de subvención as seguintes modalidades de proxectos musicais:
Modalidade A: proxectos musicais unitarios. Enténdense por proxectos musicais unitarios aqueles proxectos que desenvolven calquera dos aspectos que conforman a cadea de valor da industria musical arredor dun só artista musical, sexa solista, grupo ou banda. Este artista debe desenvolver á súa actividade habitualmente en Galicia e cumprir os seguintes requisitos:
1. Ter realizado 50 concertos entre 2017 e 2021, ambos inclusive, ou ben, máis de 100 ao longo de toda a súa traxectoria profesional.
2. Ter editado polo menos 20 singles baixo un selo discográfico legalmente constituído, entre os anos 2017 e 2021, ambos inclusive.
Modalidade B: proxectos musicais colectivos. Enténdense por proxectos musicais colectivos aqueles proxectos que desenvolven calquera dos aspectos que conforman a cadea de valor da industria musical arredor de, cando menos, catro artistas musicais, sexan solistas, grupos ou bandas. Estes artistas deben desenvolver á súa actividade habitualmente en Galicia.
Para a selección dos artistas participantes no proxecto musical, a persoa solicitante terá que ter en conta os seguintes requisitos:
-Máis do 50 % dos artistas presentados teñen que ter realizado 50 concertos entre 2017 e 2021, ambos inclusive, ou ben, máis de 100 ao longo de toda a súa traxectoria profesional.
-Máis do 50 % dos artistas presentados teñen que ter editado, polo menos, 20 singles baixo un selo discográfico legalmente constituído,
-Deberá incluírse a participación dunha artista feminina solista ou un grupo ou banda onde, a lo menos, o 40 % das súas compoñentes sexan mulleres.entre os anos 2017 e 2021, ambos inclusive.
-Deberá incluírse a participación dun artista musical que teña a consideración de artista emerxente polo que non é necesario que cumpran os requisitos de concertos e singles anteriormente determinados.