SUBVENCIONS ÁS AXENCIAS DE VIAXE
Axencia Turismo de Galicia
Resolución do 12 de maio de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás axencias de viaxe, financiadas ó 100% no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020
Contribuír ao desenvolvemento da normal actividade das axencias de viaxe para o ano 2022.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.
Considéranse gastos subvencionables todos aqueles comprendidos entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 30 de outubro de 2022 con respecto aos conceptos seguintes:
-Gastos derivados da creación do produto e/ou comercialización do destino Galicia.
-Gastos derivados da transformación dixital.
As persoas solicitantes achegarán coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación para a tramitación do procedemento:
a) Acreditación da representatividade suficiente para actuar no nome da entidade solicitante.
b) Memoria explicativa da petición da subvención.
c) As tres ofertas de diferentes provedores consonte o artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se é o caso.
d) Orzamento desagregado por partidas correspondente aos gastos de creación e/ou comercialización do produto e dixitalización conforme o modelo do anexo III.
e) Documentación oficial que acredite os empregados da empresa solicitante no momento da solicitude. (Informe do persoal medio de persoas traballadoras en situación de alta).
As entidades solicitantes deberán declarar responsablemente, segundo o modelo do anexo II:
a) Se, en relación con outras subvencións, axudas, recursos ou ingresos concedidos ou solicitados, se solicitou, ou non, ou se recibiu, ou non, ningunha outra subvención, axuda, recurso ou ingreso para o mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita a subvención.
b) Se, en relación con outras axudas de minimis concedidas ou solicitadas, se solicitou, ou non, ou se recibiu, ou non, algunha outra axuda de minimis durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.
c) Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
d) Que se compromete a cumprir a normativa estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións.
e) Que se compromete a cumprir as obrigacións e requisitos que se sinalan no artigo 18 das bases reguladoras.
f) Que a empresa solicitante cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003 sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L124, do 20 de maio de 2003).
. Dado que a actuación está financiada ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, as entidades solicitantes deberán, ademais, declarar responsablemente:
a) Que a entidade solicitante asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obrigación de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.
b) Que a entidade solicitante cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando proceda.
c) Que a entidade dispón da capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda.
e) Que conta cun sistema de contabilidade separado ou cun código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permitan seguir unha pista da auditoría sobre os conceptos financiados con cargo á subvención.
f) Que vai conservar toda a documentación xustificativa relativa aos gastos financiados durante un prazo de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas cales estean incluídos os gastos da operación.
g) Que vai manter os investimentos obxecto da subvención durante un período mínimo de 3 anos desde o pagamento final ao beneficiario.
Poderán ser beneficiarias das subvencións as axencias de viaxes, entendendo por tales as empresas turísticas descritas no artigo 83 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, tanto na súa categoría de grosistas, retallistas e grosistas-retallistas
-Que teñan un centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
-As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
-Así mesmo, deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme) segundo a definición contida na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20 de maio de 2003), en función dos seus efectivos e volume de negocio e do seu balance anual.
-As entidades solicitantes deberán manter a súa operatividade durante todo o exercicio do 2022 na modalidade de atención ao público correspondente á súa clasificación. Esta atención poderá ser de carácter presencial, telefónica ou telemática. A Administración autonómica poderá requirir a documentación que considere pertinente que acredite esta circunstancia.
-Para efectos das axudas de minimis conforme a normativa aplicable, enténdese por empresa calquera entidade que exerza unha actividade económica, con independencia da súa natureza xurídica e da súa forma de financiamento. En todo caso, a entidade solicitante das axudas deberá acreditar que exerce unha actividade económica, para os efectos do previsto no parágrafo anterior. Así mesmo, terán a consideración de empresa para os efectos de poder ser beneficiarias das subvencións, as persoas físicas que desenvolvan a súa actividade no réxime de autónomos.
-Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse antes do final do prazo de presentación de solicitudes.