• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O teatro múdase ás perruquerías

Data de escritura

A deslocalización das obras de teatro supuxo unha atomización de propostas. En mercados, perruquerías e vestíbulos. Poida que non supoña un medio de vida pero si parece ser unha expresión artística válida, unha maneira de dar a coñecer un traballo e quen sabe, unha vía para acabar triunfando.

Judas leva representándose máis dun ano. Virou por Málaga, Madrid e Córdoba. Judas é unha obra de teatro, aínda que esta definición non acaba de axustarse á realidade. Sería máis preciso dicir que Judas é unha obra de perruquería, pois é alí onde se representa.