• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA CONSOLIDA BIO

Axencia Galega de Innovación

Resolución do 4 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva,  das axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixe REACT-UE do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022.

Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as ditas axudas para o ano 2022 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva; as axudas concedidas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE núm. 187, do 26 de xuño).

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación complementaria.

 

Documentación económico-administrativa:

  1. Declaración responsable relativa á condición de peme (anexo III).
  2. Copia da escritura de constitución da entidade e as súas modificacións posteriores.
  3. Poder de representación bastanteado, de ser o caso.
  4. Declaración completa do imposto de sociedades do último exercicio pechado, modelo 200 da Axencia Tributaria Estatal.
  5. Contrato/s subscrito/s de subcontratación debidamente asinado/s, no caso en que sexa necesario.

Documentación técnica (anexo II: guía para a realización da memoria e do orzamento do plan).

  1. Memoria técnica do plan de consolidación proposto.
  2. Orzamento detallado do plan de consolidación.

 

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas micro, pequenas e medianas (pemes), segundo as definicións contidas no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014

Requisitos

 

Deberán cumprir ter domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda. En caso de non ter este centro de traballo no momento de presentar a súa solicitude, deberán achegar unha declaración da entidade solicitante que acredite o seu compromiso de establecerse en Galicia nun prazo máximo dun mes desde a resolución.

 

Estar constituídas como máximo nos 13 anos anteriores á data de peche do prazo de presentación de solicitudes de axuda á presente convocatoria, para o que se terá en conta a data de outorgamento da escritura de constitución da empresa.

Modificación DOG nº 127

 

Contaren con ingresos por facturación nos dous últimos anos.

Terán produtos innovadores con posibilidades de levar ao mercado a curto prazo, para o cal terán que presentar produtos/servizos innovadores nun nivel mínimo de TRL 5-8.

Contaren cun número total de empregados ou socios traballadores non inferior a 3.

Teren as contas anuais correspondentes aos dous últimos exercicios pechadas, depositadas no Rexistro Mercantil ou rexistro oficial correspondente. No caso de empresas de nova creación, a previsión do balance e a conta de resultados do primeiro ano de funcionamento.

 

Deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 23.4 da presente resolución.

 

Achegarán ao plan de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25 % do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo. Para estes efectos, a Gain poderá exixir nas resolucións de concesión un determinado nivel de fondos propios que deberá acreditar o beneficiario.