• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS Á APICULTURA

Consellería do Medio Rural

Orde do 10 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2022

Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura e proceder á súa convocatoria para o ano 2022 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

Liña A. Asistencia técnica a persoas apicultoras e organizacións de persoas apicultoras. A esta liña só poderán optar as cooperativas apícolas, organizacións representativas, agrupacións de defensa sanitaria e asociacións de apicultores, con personalidade xurídica propia, na medida que os seus integrantes cumpran os requisitos para seren beneficiarios dalgunha ou algunhas das axudas recollidas no Programa 2020-2022, no sucesivo, «entidades apícolas» (procedemento MR506B).

Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea. Todas as axudas poderán ser solicitadas por persoas apicultoras e entidades apícolas, incluíndo cooperativas de segundo grao

Liña C. Racionalización da transhumancia. Son destinatarias das liñas C.3 e C.4 tanto a apicultura estante coma a transhumante.

Liña D. Medidas de apoio aos laboratorios de análise de produtos apícolas para axudas ás persoas apicultoras a comercializar e a valorizar os seus produtos.

Liña E. Medidas de apoio á repoboación dos efectivos apícolas

Documentación requerida

As persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, integradas ou non nunha entidade apícola, que presenten solicitudes individuais, deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Autorización para facer a solicitude no caso de representación, nos termos exixidos no artigo 5 da Lei 39/2015. b) Declaración responsable do persoal veterinario sobre o programa de loita contra a varroose, para as liñas de axuda B1 e B2. Consistirá nun compromiso de elaboración e execución do dito programa.

c) Programa de actuación que pretende desenvolver para cada unha das liñas solicitadas: memoria onde figuren os datos da persoa apicultora, número de colmeas, descrición dos investimentos e finalidade destes, incluíndo orzamentos ou facturas pro forma dos investimentos, desagregado para todas e cada unha das liñas para a que se solicita axuda.

d) Documentación relativa ás ofertas achegadas e xustificación de non vinculación entre as empresas invitadas a ofertar.

e) Dispoñibilidade dos terreos para a realización da transhumancia, así como permisos ou licenza das obras que pretenda realizar para a colocación das colmeas e/ou de adecuación ou mellora dos accesos (autorización das obras e dispoñibilidade dos terreos), de ser o caso.

f) Memoria explicativa da realización da transhumancia (resumo e esquema da situación de orixe das colmeas e do destino onde se pretende realizar a transhumancia e datas probables do movemento), de ser o caso.

g) Xustificación da exclusividade dos equipamentos para a actividade transhumante, se é o caso.

h) Copia da póliza do seguro de responsabilidade civil das colmeas en vigor e xustificante bancario do seu pagamento.

i) Documentación que acredite, de ser o caso, o cumprimento dos criterios sinalados nos puntos b), f) e g) do artigo 9.2. desta orde: – Certificación da indicación xeográfica protexida (IXP) Mel de Galicia que acredite que o solicitante pertence a esta en data do 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude. – Certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia que acredite que o solicitante pertence a el en data do 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.

 

Documentación complementaria (MR506B):

  1. Certificación do órgano competente na cal se especifique o acordo polo que se concede autorización para facer a solicitude ao asinante dela.
  2. Certificación do órgano competente que acredite o desempeño actual do cargo.
  3. Acta de constitución da entidade apícola, ou copia dos estatutos.
  4. Relación nominal de socios actualizada, en formato electrónico, concretamente nun arquivo ‘.csv’.
  5. Copia do contrato e titulación do persoal veterinario e doutro persoal técnico titulado responsable da execución do programa sanitario de loita contra a varroose.
  6. Copia do contrato do persoal administrativo.
  7. Certificación do contido dos contratos de traballo.
  8. Solicitude de autorización previa para a contratación das actividades subvencionadas a persoas ou entidades vinculadas co beneficiario, de acordo co recollido no artigo 27.7.d da Lei 9/2007.
  9. Nas axudas das liñas B.1 e B.2 de loita contra a varroose: declaración responsable do persoal veterinario de compromiso previo de execución e posterior xustificación do programa.
  10. Programa de actuación que pretende desenvolver para cada unha das liñas de axuda solicitadas.
  11. Documentación relativa ás ofertas achegadas e xustificación de non vinculación entre as empresas invitadas a ofertar.
  12. Dispoñibilidade dos terreos para a realización da transhumancia, así como permisos ou licenza das obras que pretenda realizar para a colocación das colmeas e/ou de adecuación ou mellora dos accesos (autorización das obras e dispoñibilidade dos terreos), de ser o caso.
  13. Memoria explicativa da realización da transhumancia (resumo e esquema da situación de orixe das colmeas e do destino onde se pretende realizar a transhumancia e datas probables do movemento), de ser o caso.
  14. Xustificación da exclusividade dos equipamentos para a actividade transhumante, se é o caso.
  15. Copia da póliza do seguro de responsabilidade civil das colmeas en vigor e xustificante bancario do seu pagamento
  16. Documentación que acredite, de ser o caso, o cumprimento dos criterios sinalados nas letras b), f) e g) do artigo 9.2. desta orde:
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

a) Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias. Ademais, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

b) Cooperativas apícolas, organizacións representativas, agrupacións de defensa sanitaria e asociacións de apicultores, con personalidade xurídica propia, na medida que os seus integrantes cumpran os requisitos establecidos no punto 2, «entidades apícolas».

Requisitos

a) Ser titular con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2022 dunha explotación apícola inscrita no Rexistro Galego de Explotacións Apícolas (Rgeap), fóra daquelas persoas que adquirisen a titularidade con posterioridade por falecemento, xubilación ou incapacidade laboral da anterior titular e sexan parentes desta en, como máximo, cuarto grao. Así mesmo, exceptúanse do devandito requisito os supostos de forza maior. b) Seren titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas para o caso das persoas apicultoras que soliciten a axuda a título individual, e con máis de 50, se solicitan axuda para realizar a transhumancia, sexan ou non persoas traballadoras autónomas.

c) Realizaren polo menos un tratamento ao ano fronte á varroose, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un Programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel. d) Disporen dun seguro de responsabilidade civil das colmeas.

e) Cumpriren as previsións contidas no Real decreto 209/2002. f) Teren realizada a declaración censual anual obrigatoria referida o 31 de decembro de 2021 antes do día 1 de marzo de 2022.

g) Teren realizada a validación anual do libro de rexistro de explotación apícola (CEAT) con resultado favorable antes do 1 de marzo de 2022, segundo o recollido no artigo 7, punto 2 do Real decreto 209/2002 e no artigo 6 do Decreto 339/2009, do 11 de xuño, sobre ordenación sanitaria e zootécnica das explotacións apícolas na Comunidade Autónoma de Galicia.