Xornada de presentación da licitación para o desenvolvemento e adquisición de solucións innovadoras con UAVs do Polo Aeroespacial de Galicia

Data de escritura

Xornada de presentación da licitación para o desenvolvemento e adquisición de solucións innovadoras con UAVs do Polo Aeroespacial de Galicia

Venres, 13 de maio
Sede da Axencia Galega de Innovación

Atracción de inversión en el sector aeroespacial

O vindeiro venres, 13 de maio, a partir das 10:00 horas, a Axencia Galega de Innovación celebra unha xornada técnica de presentación da nova licitación do Polo Aeroespacial de Galicia coa que a Xunta incorporará novas solucións con vehículos non tripulados para a mellora da prestación do servizos públicos.

O obxectivo deste evento (presencial e online), dirixido a todo o ecosistema galego de I+D+i, é dar a coñecer os requisitos técnicos e administrativos da contratación ás entidades interesadas en participar na licitación, así como resolver as dúbidas sobre os mesmos.

 

Solucións 2022-2023

Imagen eliminada.

Lote 1. Solución innovadora para a atención sanitaria urxente no Camiño de Santiago mediante UAVs

Imagen eliminada.

Lote 2. Solución innovadora de monitoraxe de zonas forestais para a prevención, extinción de incendios e restauración post-incendio por medio de UAVs

Imagen eliminada.

Lote 3. Solución innovadora para a inspección e vixilancia pesqueira, marisqueira e acuícola por medio de UAVs

Imagen eliminada.

Lote 4. Solución innovadora para a localización de persoas extraviadas por medio de UAVs

Imagen eliminada.

Lote 5. Solución innovadora para a análise de poboacións de semente de mexillón e especies cohabitantes por medio de UAVs