• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA AMPLIAR E DIVERSIFICAR A OFERTA CULTURAL EN AREAS NON URBANAS TERRITORIO CULTURA

Axencia Galega das Industrias Culturais

Resolución do 21 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva,  para a concesión de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura ao abeiro dos Fondos NextGenerationEU

A finalidade destas axudas é reforzar e desenvolver as capacidades do sector cultural para acadar un tecido sólido máis aló dos grandes núcleos urbanos e contribuír, deste modo, a incrementar a actividade cultural no territorio, entendida como un motor de cambio, dinamización e transformación social.

 A través desta liña de subvencións preténdese activar procesos culturais nas zonas non urbanas que afonden nos vínculos individuais e sociais co territorio, ofrecendo novas oportunidades laborais, de emprego estable e de calidade no eido cultural nas contornas rurais.

Documentación requerida

As entidades solicitantes deberán achegar xunto coa súa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

– Categoría 1. Persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas.

Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

Alta no réxime xeral de autónomos se a persoa solicitante é persoa física

Declaración de axudas (anexo V).

No anexo II constan as seguintes declaracións responsables, que se deberán cubrir: Declaración responsable en que se reflictan as persoas empregadas asignadas ao proxecto e a dedicación de cada unha delas. Declaración responsable en que se reflicta o compromiso de participación de compañías/artistas galegas que participarán no proxecto. Declaración responsable onde se determina o custo total do proxecto, o custo subvencionable e a porcentaxe de subvención solicitada.

Ficha resumo-memoria técnica do proxecto (anexo III). Esta memoria deberá reflectir de forma clara e concisa, entre outras cuestións: o espazo ou espazos onde se realizará o proxecto, unha previsión do seu desenvolvemento e calendarización; a actividade ou actividades que o compoñen, cunha descrición destas e os obxectivos que persegue, destacando a súa capacidade de innovación e transformación, así como os indicadores que serven para medir estes obxectivos e calquera información que permita realizar a avaliación do proxecto conforme os criterios establecidos nestas bases. Esta memoria terá un máximo de 25 páxinas.

Plan económico financeiro/orzamento desagregado (anexo IV), no que se describan os conceptos de gasto con e sen IVE, así como as fontes de financiamento que permitirán levar a cabo o proxecto. Este documento debe permitir comprobar a viabilidade técnica e económica do proxecto.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Establécense dúas categorías de posibles entidades beneficiarias desta convocatoria:

– Categoría 1. As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, legalmente constituídas.

– Categoría 2. Concellos e o sector público institucional deles dependentes segundo o artigo 82.2 da Lei 7/1985 da calquera Administración (organismos públicos, entidades de dereito público ou privado).

 

Requisitos

As entidades beneficias, ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:

– Categoría 1: persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas.

a) Ter social ou estatutariamente como obxecto social a creación, a organización, a xestión, a distribución de espectáculos en calquera das disciplinas de ámbito cultural, a investigación cultural, a consultoría cultural ou calquera ámbito relacionado co ecosistema cultural, no suposto de persoas xurídicas.

b) Para o caso das persoas físicas (autónomas) estar de alta no réxime especial de traballadores autónomos en calquera das epígrafes relacionadas co ámbito cultural.

– Categoría 2: concellos e o sector público institucional deles dependentes segundo o artigo 82.2 da Lei 7/1985 da calquera Administración (organismos públicos, entidades de dereito público ou privado).

a.-Ter un máximo de 30.000 habitantes e unha densidade de poboación igual ou menor a 100 habitantes/km2 , segundo os últimos datos oficiais (INE/IGE).

b.- O concello deberá ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das últimas contas xerais do orzamento 2020.