III EDICION DOS PREMIOS GALICIA DE INNOVACION E DESEÑO
Axencia Galega de Innovación
Resolución do 6 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras da III edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño.
A finalidade dos premios é recoñecer o labor de profesionais e empresas galegas pola súa excelente contribución á innovación como un elemento indispensable no desenvolvemento da súa estratexia profesional e o seu crecemento empresarial, acadando con iso altas cotas de competitividade nos mercados, tanto galegos como nacionais e internacionais.
Así mesmo, trátase de recoñecer os profesionais e as empresas que contribúen significativamente á mellora do prestixio do deseño galego e á súa internacionalización, así como as empresas que, ao incorporalo á súa estratexia empresarial, demostran que o deseño actúa como como motor de innovación, sustentabilidade e competitividade empresarial
O formulario de solicitude (anexo I) consta dunha proposta de candidatura, na cal se indicará o premio a que se presenta a dita candidatura, de entre as seis posibles descritas no artigo 3 desta resolución.
Xunto coa proposta de candidatura, achegarase a seguinte documentación complementaria para cada unha das categorías dos premios:
i.-Resumo executivo da memoria descritiva dos méritos da persoa e/ou empresa candidata requirida na epígrafe ii seguinte, dunha extensión máxima de dúas páxinas.
ii. Memoria descritiva dos méritos da persoa e/ou empresa candidata (segundo a categoría obxecto da proposta de candidatura). A memoria terá unha extensión máxima de 15 páxinas, cun tamaño de letra non inferior a 11 puntos e interliñado sinxelo.
No relativo ás candidaturas ao Premio Galicia de Innovación categoría «Traxectoria Innovadora» e ás dos Premios Galicia de Deseño na totalidade das súas categorías, deberán presentar tamén a seguinte documentación:
– Deberá incluír un informe curricular dunha extensión máxima de dúas páxinas.
– Acreditación de estar desenvolvendo unha actividade profesional mediante a alta no imposto de actividades económicas ou outras obrigacións fiscais que deriven do mero exercicio de actividade profesional, económica ou artística. A dita acreditación comprobarase automaticamente segundo o descrito no artigo 8 «Comprobación de datos». No caso de que o interesado se opoña á súa comprobación, terá que incluíla na documentación que vaia presentar.
– Documentación gráfica. Documento adicional de 15 páxinas mediante o cal se achegará a documentación gráfica dos traballos, produtos e/ou servizos da persoas ou empresas candidatas.
– Acreditación de estar desenvolvendo unha actividade profesional mediante a alta no imposto de actividades económicas ou outras obrigacións fiscais que deriven do mero exercicio de actividade profesional, económica ou artística. A dita acreditación comprobarase automaticamente segundo o descrito no artigo 8, «Comprobación de datos». No caso de que o interesado se opoña á súa comprobación, terá que incluíla na documentación que vaia presentar.
– Avais á persoa candidata. Exixirase a documentación que acredite o apoio á persoa candidata por polo menos dúas entidades ou persoas de recoñecido prestixio no ámbito do deseño.
Poderán cursar candidatura aos Premios Galicia de Innovación e Deseño as persoas físicas nacidas en Galicia. Así mesmo, poderán optar aos premios as persoas xurídicas que teñan polo menos un establecemento permanente en Galicia, validamente constituído, que manteña a súa actividade.
. Unha mesma candidatura poderá propoñerse para unha ou varias modalidades dos premios, para o cal é imprescindible enviar unha proposta de solicitude diferente e completa, con toda a documentación requirida, para cada categoría presentada.
. As persoas físicas ou xurídicas que en edicións anteriores resultaron gañadoras nalgunhas das modalidades destes premios, non poderán optar a eles na mesma modalidade en que xa foron premiados.
1.-Premios Galicia de Innovación: premiarán persoas, institucións e organizacións que destaquen polo seu labor de posta en valor da innovación empresarial.
– Modalidade «Traxectoria Innovadora»: empresarios/as e profesionais cunha traxectoria de polo menos dez anos en que a innovación fose unha das súas características relevantes.
– Modalidade «Grande Empresa»: grandes empresas cunha actividade innovadora de polo menos dez anos.
– Modalidade «Pequena e Mediana Empresa»: pequenas e medianas empresas con demostrada actividade innovadora de polo menos cinco anos.
2.- Premios Galicia de Deseño: premiarán persoas, institucións e organizacións que destaquen polo seu labor de posta en valor do deseño.
– Modalidade «Profesionais»: profesionais do deseño (persoas físicas ou equipos de profesionais) cunha traxectoria de polo menos dez anos de recoñecido prestixio no sector.
– Modalidade «Empresas»: empresas consolidadas que incorporasen o deseño á súa estratexia empresarial durante polo menos dez anos.
– Modalidade «Talento Emerxente»: dirixido a aqueles creadores, cunha idade que non exceda os trinta e cinco anos no día de presentación da candidatura e cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.
A categoría «Talento Emerxente» do Premio Galicia de Deseño, deberá contar, polo menos, con dous avais de persoas de recoñecido prestixio no ámbito do deseño.
As persoas candidatas, no momento da presentación da súa candidatura, deberán estar en activo e desenvolvendo un labor altamente significativo dentro da súa especialidade e recoñecidos internacionalmente. Cando as ditas persoas candidatas sexan unha persoa física, deben desenvolver un traballo altamente significativo no seu respectivo campo e deberán demostrar desenvolver unha actividade profesional rexistrándose no imposto de actividades económicas ou outras obrigas fiscais que deriven do mero exercicio de actividade profesional, económica ou artística.