• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA EXTRAORDINARIO DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTONOMAS E MICROEMPRESAS CON ACTIVIDADES ESPECIALMENTE PARALIZADAS POLA CRESE DA COVID19

Consellería de Emprego e Igualdade

Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa Extraordinario das persoas traballadoras autónomas e microempresas con actividades especialmente paralizadas pola crise da COVID19 financiadas parcialmente con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020

Concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas e microempresas, especialmente paralizadas, para facer fronte á situación económica motivada pola pandemia da Covid19 que contribúa ó mantemento da actividade económica e do emprego.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Cando se actúe mediante representación, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa representada. Quedan exceptuadas da dita representación as persoas ou entidades inscritas no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia que garantan representación para este procedemento.

b) Documentación acreditativa da baixada de facturación do ano 2021 respecto do ano 2019, con algúns dos seguintes modelos:

– Modelo 390 dos anos 2019 e 2021.

– Modelo 303 dos anos 2019 e 2021.

– Modelo 130 dos anos 2019 e 2021.

– Modelo 131 dos anos 2019 e 2021.

 – Outros documentos.

No caso de que as persoas ou entidades solicitantes tributen no réxime de estimación obxectiva ou módulos, a baixada dun 65 % da facturación do ano 2021 respecto do ano 2019 deberase acreditar coas copias, referidas aos períodos de comparación, do libro de facturas emitidas e recibidas ou libro diario de ingresos e gastos ou libro de rexistro de vendas e ingresos, ou libro de compras e gastos, ou calquera outra forma admitida en dereito para acreditar a diminución na facturación, como poden ser, entre outros e tendo en conta a actividade económica, a presentación de descenso de consumo de enerxía eléctrica, copia do rexistro de caixa ou cobramentos e pagamentos por TPV ou por calquera outro medio dos anos 2019 e 2021

c) No caso dos mutualistas, deberán acreditar a súa alta no colexio profesional ou entidade correspondente.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA como persoas traballadoras por conta propia, as comunidades de bens ou sociedades civís, as microempresas e os mutualistas, sempre que estean de alta ou en situación asimilada, que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia, que tivesen unha alta anterior ao 1 de xaneiro de 2019 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o 65 %.

Tamén poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada que estean de alta no momento da presentación da súa solicitude e estivesen de alta un mínimo de catro (4) meses e un máximo de nove (9) meses no ano 2019.

Quedan excluídas desta orde as actividades en que convocaron axudas de xeito específico as consellerías da Xunta de Galicia competentes por razón da materia, entre outras, axudas para hostalaría, hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, axencias de viaxes, lecer nocturno, pesca, acuicultura ou marisqueo, e as actividades culturais coma orquestras.

Exceptúanse do indicado no parágrafo anterior aquelas persoas beneficiarias que desenvolvan a súa actividade sen teren establecemento permanente aberto ao público.

Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese unha baixada de facturación igual ou superior ao 65 % comparando o ano 2019 co ano 2021.

 

Requisitos

Os requisitos exixidos para ser persoa beneficiaria son os que se indican no modelo de solicitude (anexo I), no que vén recollida unha declaración responsable da persoa solicitante, de obrigatorio cumprimento, onde manifestará:

– Que está de alta ou situación asimilada no réxime da Seguridade Social correspondente (no RETA, ou na mutualidade correspondente) ou que é unha persoa autónoma de tempada que está de alta no momento da solicitude.

– Que ten o domicilio fiscal en Galicia.

– CNAE (Clasificación nacional de actividades económicas) da actividade pola cal solicita a axuda.

 – A baixada de facturación de, polo menos, un 65 % no ano 2021 en comparación co ano 2019.

 – Que facturou un mínimo de 4.000 euros no ano 2019, o cal deberá acreditar documentalmente segundo o artigo 11.1.b) desta orde.

 – Que non está incursa en ningunha das circunstancias que prohiben obter a condición de persoa beneficiaria segundo o establecido nesta orde.

– Declaración de calquera outra axuda temporal relativa aos mesmos gastos subvencionables que, en aplicación do Marco nacional temporal, ou en aplicación da comunicación da Comisión Marco Temporal relativa ás medidas de axuda estatal destinadas a apoiar a economía no contexto do actual gromo da COVID-19, recibise durante o exercicio fiscal en curso.

– O cumprimento do requisito de tratarse de empresas ou persoas autónomas que non están en crise e/ou empresas ou persoas autónomas que non estaban en crise o 31 de decembro de 2019.

 – Que son veraces todos os datos reflectidos nesta declaración responsable.

– Que, coa presentación desta solicitude, acepta a subvención.