• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS Á CONCILIACION

Consellería de Emprego e Igualdade

Orde do 12 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma.

Axudas á conciliación da vida laboral e familiar de persoas traballadoras autónomas, que desenvolvan a súa actividade en Galicia. Permitirase que a persoa autónoma obteña unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade e consolidación do seu proxecto empresarial.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, que figura como anexo I a esta orde, a seguinte documentación xeral e específica que se relaciona:

Documentación Xeral:

– No suposto de actuar mediante representante, poder suficiente de actuar en nome da persoa ou entidade solicitante.

 

Documentación específica bono autónomo concilia I:

– Resolución da Seguridade Social en que indique o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento.

– Informe de vida laboral do Código conta de cotización correspondente ao mes en que se realiza a contratación da persoa traballadora que se contrata pola que se solicita subvención.

– Anexo III, debidamente cuberto e asinado, se é o caso.

 

Documentación específica bono autónomo concilia II:

– Informe de vida laboral do Código conta de cotización correspondente ao mes en que se realiza a contratación da persoa traballadora que se contrata pola que se solicita subvención.

– Contrato de traballo.

–Acreditación da relación de parentesco ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

– Anexo III, debidamente cuberto e asinado.

 

Documentación específica bono autónomo servizo para coidado de menores:

– Documento acreditativo do custo da mensualidade do centro ou do servizo correspondente.

– Acreditación do parentesco directo ou certificado de convivencia no caso de menores acollidos.

 

Documentación específica bono autónomo servizo para coidado de persoas maiores ou dependentes:

– Documento acreditativo do custo da mensualidade do centro específico para o coidado de persoas maiores ou dependentes, ou do servizo.

– Acreditación da relación de parentesco ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

– Certificado de discapacidade non recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Anexo III, debidamente cuberto e asinado.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que contraten unha persoa traballadora para apoiar o seu negocio nos casos de maternidade ou paternidade unha vez finalizado o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento (bono autónomo concilia I); ou ben para apoiar á persoa autónoma no coidado de menores e/ou maiores e dependentes ó seu cargo, independentemente de que existan ou non situacións de maternidade ou paternidade asimiladas (bono autónomo concilia II)

Requisitos

Ter o seu domicilio fiscal en Galicia

Bono autónomo concilia I.- Para ser beneficiaria desta axuda, a persoa solicitante tivo que estar previamente de baixa por maternidade ou paternidade, ou situacións asimiladas. No prazo dos quince días naturais seguintes á finalización do período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, débese realizar un contrato de calquera modalidade co compromiso dunha duración mínima de seis meses. A contratación debe realizarse cunha persoa desempregada, entendendo como tal unha persoa sen ocupación segundo a vida laboral e inscrita na oficina de emprego. Non é necesario que cumpra estes requisitos se a contratación se realiza coa mesma persoa que estaba contratada por interinidade por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma.

Bono autónomo concilia II.- Para ser beneficiario desta axuda, o solicitante ten que acreditar a súa relación de parentesco ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade e/ou, de ser o caso, a acreditación da convivencia no mesmo domicilio que a persoa dependente ou con grao de discapacidade igual ou superior o 33 %, como mínimo, nos tres últimos meses anteriores á solicitude. A contratación debe realizarse cunha persoa desempregada, entendendo como tal unha persoa sen ocupación segundo a vida laboral e inscrita na oficina de emprego.

Bono autónomo servizo para o coidado de menores. -Para ser beneficiaria desta axuda, a persoa solicitante terá que acreditar a contratación dun centro ou dun servizo de coidado de menores, sempre e cando estes sexan descendentes directos (primeiro grado) ou acrediten unha convivencia de máis de tres meses e, ademais a persoa solicitante sexa beneficiaria do bono autónomo concilia I ou do bono autónomo concilia II.

Bono autónomo servizo para o coidado de maiores ou dependentes. Para ser beneficiaria desta axuda, a persoa solicitante terá que acreditar a contratación dun centro ou servizo de coidado de persoas maiores e/ou dependentes e acreditar a súa convivencia previa nos tres últimos meses anteriores á solicitude e a súa relación de consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao e, ademais, a persoa solicitante sexa beneficiaria do bono autónomo concilia I ou do bono autónomo concilia II.