• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PLAN GALICIA EMPREGA. Emprego con Apoio

Consellería de Emprego e Igualdade

Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia Emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria. Programa de Emprego con Apoio

Subvencionar as entidades promotoras de proxectos de apoio con apoio para financiar os custos laborais e da Seguridade Social derivados da contratación dos preparadores e preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio.

Documentación requerida

As solicitudes deberanse presentar no formulario normalizado (anexo I-A) que figura como anexo numérico desta orde e deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

a) Se o solicitante é unha persoa xurídica, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da entidade. Quedan excepcionadas da dita presentación as persoas ou entidades inscritas no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia que garantan representación para este procedemento.

b) Documentación acreditativa da inscrición da entidade que realiza as accións de emprego con apoio no rexistro correspondente, de ser o caso. c) Memoria que permita valorar a competencia, a experiencia e a capacidade da entidade que presta o emprego con apoio, con indicación dos recursos materiais de que dispoñen para desenvolver as actuacións polas cales se solicita subvención, segundo o modelo que figura na sede electrónica da Xunta de Galicia

d) Documentación relativa ás persoas preparadoras laborais na que se inclúa currículo e documentos que acrediten a súa formación e experiencia profesional para a realización das accións de emprego con apoio.

e) Proxecto de emprego con apoio e convenio de colaboración entre a entidade promotora do emprego con apoio e a empresa empregadora, establecido no artigo 38.

f) Relación nominal dos preparadores e preparadoras laborais que prestan ou van prestar o apoio ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social con indicación do tipo, duración e xornada do contrato de traballo formalizado, ou que van formalizar, caso en que deberá expresar o seu compromiso de contratación (segundo o modelo do anexo II-A).

g) Relación nominal dos traballadores e das traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social que van recibir as accións de emprego con apoio, con indicación do tipo e grao de discapacidade, do tipo, duración e xornada do contrato formalizado ou que se lles vai formalizar e do centro ou centros de traballo en que efectúan ou van efectuar a prestación laboral, segundo o modelo do anexo III-A.

h) Autorización para a comprobación de datos da persoa preparadora laboral contratada como preparadora e das persoas que van recibir o apoio (anexo IV-A).

i) Documentación acreditativa da situación ou de risco de exclusión social das persoas traballadoras que van recibir o apoio, no caso en que non sexa perceptora da renda de inclusión social de Galicia.

 j) Certificado de discapacidade das persoas traballadoras con discapacidade polas que se solicita subvención nos casos de discapacidade recoñecida fóra de Galicia.

k) Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa traballadora contratada como preparadora e, ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vinculo con esta, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado.

l) Certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España, no caso de solicitar o incremento de persoa emigrante retornada para a persoa preparadora.

m) No caso de que a persoa preparadora pola que se solicita a subvención teña a condición de trans e opten polo incremento do 25 %, documentación que xustifique ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, que contraten persoas traballadoras  por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados en Galicia.. As empresas que teñan cincuenta ou máis traballadores deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade.

Requisitos

As accións de emprego con apoio desenvolveranse no marco de proxectos de emprego con apoio, nos cales se deberán recoller, polo menos, as seguintes accións:

a) Orientación, asesoramento e acompañamento á persoa traballadora apoiada elaborando para cada persoa traballadora un programa de adaptación ao posto de traballo.

b) Labores de achegamento e mutua axuda entre a persoa traballadora beneficiaria do Programa de emprego con apoio, o empregador ou empregadora e o persoal da empresa que comparta tarefas coa persoa traballadora apoiada.

c) Apoio á persoa traballadora no desenvolvemento de habilidades sociais e comunitarias, de modo que se poida relacionar co contorno laboral nas mellores condicións.

d) Adestramento específico da persoa traballadora apoiada nas tarefas inherentes ao posto de traballo.

e) Seguimento da persoa traballadora apoiada e avaliación do proceso de inserción no posto de traballo. Estas accións terán por obxecto a detección de necesidades e a prevención de posibles ameazas ou riscos, tanto para a persoa traballadora como para a empresa que a contrata, que poñan en perigo o obxectivo de inserción e a permanencia no emprego.

f) Asesoramento e información á empresa sobre as necesidades e os procesos de adaptación do posto de traballo.