CREACION DE EMPRESAS. INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLOXICA
Consellería de Emprego e Igualdade
Orde do 27 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para os incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.
Impulsar a creación de novas iniciativas empresariais ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.
-Subvención á creación directa de emprego estable.
-Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación
-Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade
As solicitudes, unha por cada tipo de axuda, deberanse presentar no formulario normalizado (anexo I-A) que figura como anexo numérico desta orde, unha para cada axuda solicitada, e deberán ir acompañadas da documentación, común e específica, que se relaciona.
As solicitudes de axudas deberán ir acompañadas da seguinte documentación xeral para todas as axudas:
a) Cando se actúe mediante representación, acreditación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Quedan excepcionadas da dita presentación as persoas ou entidades inscritas no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia que garantan representación para este procedemento.
b) No caso de tratarse de persoa xurídica, escritura de constitución e inscrición no Rexistro Mercantil ou, se é o caso, no Rexistro de Cooperativas.
c) Memoria económica descritiva do proxecto empresarial asinado pola persoa representante da empresa (anexo V-A).
d) Alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Función Pública.
A esta documentación, haberá que acompañar a documentación específica para cada tipo de liña de axuda.
As empresas privadas, incluídas as persoas autónomas cualificadas como Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica.
Ter o domicilio social, fiscal, e centro de traballo en Galicia, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano dende que o proxecto empresarial fose cualificado como IEBT, sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT.
Para poder acceder ás distintas liñas de axudas desta orde deberase crear emprego estable para persoas desempregadas.