• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS A CREACION DE NOVAS EMPRESAS

Consellería de Emprego e Igualdade

Orde do 27 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego para as pequenas empresas de nova creación.

Xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, persoas con discapacidade, e en risco de exclusión social, apoiando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais, con especial atención ós concellos do rural galego: Subvención á xeración de emprego estable; subvención para a formación; subvención para o inicio da actividade; subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Documentación requerida

As solicitudes, unha por cada tipo de axuda, deberanse presentar no formulario normalizado (anexo I) que figura como anexo numérico desta orde, unha para cada axuda solicitada, e deberán ir acompañadas da documentación, común e específica, que se relaciona..

As solicitudes de axudas deberán ir acompañadas da seguinte documentación xeral para todas as axudas:

a) Se é o caso, poder suficiente da persoa representante e asinante da solicitude, para actuar en nome da entidade.

b) Escritura de constitución e inscrición no Rexistro Mercantil, de ser o caso.

c) Alta definitiva no censo de obrigados tributarios na Axencia Estatal de Administración Tributaria (modelo 036 ou 037).

 d) Memoria económica e descritiva do proxecto empresarial, asinada pola persoa solicitante, que deberá conter os datos de identificación e descrición da actividade, o número de empregos creados e que estean previstos crear, os aspectos técnicos de produción e comercialización, o orzamento de investimento, o plan de financiamento que acredite a viabilidade da iniciativa empresarial, as medidas de seguridade e saúde laboral e de prevención de riscos e a adecuación en materia de protección do ambiente, segundo a localización e a actividade empresarial (segundo modelo do anexo II).

e) Listaxe asinada, unha para cada axuda solicitada, coa relación dos investimentos e gastos, indicando o importe de cada un, a suma total, a referencia e a descrición das facturas en firme ou pro forma, orzamentos e demais documentos xustificativos do investimento realizado ou que se vai realizar e da axuda solicitada, segundo o modelo anexo III desta orde. Esta listaxe non será necesario presentala coa solicitude de subvención á xeración de emprego estable.

f) Documentos que acrediten a pertenza aos colectivos polos que se solicita a subvención, certificación da concorrencia das circunstancias que determinen a pertenza aos colectivos en risco ou situación de exclusión social, ou certificado de discapacidade nos casos de recoñecemento fóra de Galicia ou que se opuxese a súa consulta no anexo I ou VI, segundo corresponda.

g) Anexo VI, no caso de consulta de datos da persoa traballadora ou de membros da unidade familiar.

A esta documentación, haberá que acompañar a documentación específica para cada tipo de liña de axuda.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

1.- Empresas privadas como sociedades limitadas (non serán beneficiarias as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas, e sociedades laborais). 2.- Persoas promotoras para a axuda para a conciliación da vida persoal e laboral e familiar.

Requisitos

a) Que sexan empresas de nova creación.

b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.

c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.

d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.

 f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.

g) Que, como mínimo, o 50 % do seu capital social sexa de titularidade das persoas promotoras e que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.