• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA DESEÑA PEME

Axencia Galega de Innovación

Resolución do 5 de abril de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas ó deseño para a mellora da capacidade de innovación, a través do impulso da xestión do deseño estratéxico de produtos, servizos, experiencias, e marcas e identidades corporativas.

Concesión de axudas ó deseño, da Axencia Galega de Innovación, dirixidas ó financiamento de actividades incluídas no proxecto de deseño para a innovación, relativas ó deseño de produto, de servizos, experiencias, e deseño de marca e identidade corporativa, e estean en liña coas prioridades establecidas na RIS 3 para Galicia. As axudas concedidas no marco desta resolución axustaranse ó establecido no Regulamento UE número 651/2014

Documentación requerida

. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Memoria técnica do Proxecto de deseño para a innovación e sustentabilidade proposto, que incluirá a desagregación do seu orzamento, segundo o guión-modelo que se inclúe como anexo II, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), na súa epígrafe de axudas. A non presentación da memoria técnica será causa de inadmisión da solicitude.

b) Copia da escritura de constitución da entidade e as súas modificacións posteriores.

c) Certificación actualizada do Rexistro Mercantil, en que se especifique a data de constitución, o obxecto social, capital, sede social e clasificación CNAE.

d) De ser o caso, poder de representación verificado.

e) Declaración completa do imposto de sociedades do último exercicio pechado, modelo 200 da Axencia Tributaria Estatal.

f) Informe do cadro de persoal medio anual emitido pola Seguridade Social. No caso de non ter traballadores dados de alta no réxime xeral da Seguridade Social, achegarase documento acreditativo emitido pola Seguridade Social e declaración responsable do representante legal da entidade de non ter traballadores.

g) No caso de pemes vinculadas, asociadas ou participadas de acordo cos criterios establecidos no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, deberá achegarse para cada unha das empresas vinculadas a documentación das alíneas b), c), e), f). h) Copia da resolución de concesión de axudas para a mesma finalidade.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

As microempresas, pequenas e medianas empresas, conforme ás definicións contidas no artigo 2 das bases, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolverse as actividades para as que se solicita a  axuda.

Requisitos

Os beneficiarios das axudas deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no Documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 21 da presente resolución.

Non poderán adquirir a condición de beneficiarias destas axudas:

a) As pemes que xa resultasen beneficiarias dunha axuda do programa DeseñaPeme.

b) As pemes incluídas nalgunha das seguintes rúbricas da Clasificación nacional de actividades económicas-CNAE-2009: • Sección J: información e comunicacións. Quedan excluídas como beneficiarias as empresas das divisións 61: telecomunicacións; 62: programación, consultoría e outras actividades relacionadas coa informática, e 63: servizos de información.

c) As asociacións, as fundacións e, en xeral, as entidades sen ánimo de lucro.

d) As entidades e sociedades públicas con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes das administracións públicas, así como aquelas pertencentes á Administración institucional, calquera que sexa a Administración en que se integren.

e) Calquera ente, organismo ou entidade con personalidade xurídica propia, que se creasen especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos pertencentes ao sector público financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión, ou nomeen a máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia, de acordo co establecido no artigo 3.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

f) As pemes en crise conforme a definición contida no artigo 2 desta convocatoria. A Axencia Galega de Innovación realizará as comprobacións necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme, e que se cumpren as condicións establecidas no artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión, para considerar a unha empresa en crise.

g) As pemes nas cales concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin aquelas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

h) As pemes vinculadas ou pertencentes ao mesmo grupo empresarial.

Non poderán coexistir na mesma convocatoria solicitudes de entidades vinculadas (segundo se explicita no artigo 2) ou pertencentes ao mesmo grupo empresarial, e considerarase soamente a que primeiro presente a solicitude. Non poderán ser beneficiarias as empresas vinculadas ou do mesmo grupo empresarial doutras que fosen beneficiarias doutras convocatorias desta axuda e transcorresen menos de 2 anos desde a súa concesión