FINANCIAMENTO IGAPE-PEMES
Instituto Galego de Promoción Económica
Resolución do 13 de abril de 2022 pola que se publica o acordo que aproba as bases reguladoras do marco de apoio do acceso ó crédito das PEMES instrumentadas mediante convenio cas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas, se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.
Apoio ó acceso do crédito das PEMES , instrumentado mediante convenio de colaboración entre o IGAPE, as Sociedades de Garantía Recíproca, e as entidades de crédito adheridas, que se desenvolve nas liñas de financiamento específicas seguintes:
1.- Préstamos avalados para o crecemento das PEMES (Reaval crecemento)
2.- Operacións avaladas para o financiamento do tráfico comercial (Reaval funcionamento)
3.- Garantías ante terceiros vencelladas a operacións de tráfico ou avais técnicos (Reaval garantías)
Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.
A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II), que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
Unha vez rexistrada a solicitude, o Igape remitiralle o contido do formulario electrónico da solicitude á SGR a través da extranet de entidades colaboradoras. A SGR contactará coa solicitante, e requiriralle toda a documentación necesaria para a comprobación do cumprimento dos requisitos establecidos nestas bases e para a valoración da concesión da operación financeira de aval e crédito.
A SGR colaboradora coordinará coa entidade de crédito adherida ao convenio que o solicitante designe o estudo da operación financeira de crédito. Para iso, unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos das bases reguladoras, a SGR remitiralle o expediente de solicitude á entidade de crédito.
PEMES, incluídos persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera tipo de unidade económica, ou patrimonio separado que cumpra os requisitos de PEME segundo a definición da Comisión Europea.
a) Teñan o seu domicilio fiscal e desenvolvan a súa actividade económica en Galicia.
b) Cumpran os requisitos e condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento, que se detallan no anexo I.
Considéranse atendibles todas as actividades, salvo as que expresamente se exclúan, se é o caso, para cada liña de financiamento conforme o recollido no anexo I. En todo caso, exclúense as que a seguir se relacionan:
a) A fabricación de armamento, armas e municións, as instalacións ou infraestruturas militares ou policiais e o material ou infraestruturas destinados a limitar os dereitos individuais ou a liberdade das persoas (cárceres e centros de detención de todo tipo).
b) Os xogos de azar coas instalacións conexas.
c) A produción, transformación ou distribución de tabaco.
d) As actividades cuxo impacto sobre o ambiente só pode ser atenuado ou compensado en moi escasa medida.
e) As actividades que poidan ser controvertidas por razóns de orde moral ou ética.
f) As actividades cuxo único propósito sexa a promoción inmobiliaria.