PROGRAMA TALENTO 30 CONSELLERIA DE EMPREGO E IGUALDADE
Orde do 1 de abril pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para promover a práctica profesional e a formación en competencias blandas dos xoves menores de 30 anos mediante contratos formativos
Subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para facilitar un período de práctica profesional acompañada dun proceso de formación para o emprego a persoas menores de 30 anos, facilitando a súa inserción laboral, e dotándoas de competencias para o emprego, coa finalidade de promover a súa empregabilidade e a retención do talento xoven. Neste programa hai dúas liñas:
Liña 1 Programa Talento 30 en prácticas, mediante contratos para a obtención de práctica profesional para xoves menores de 30 anos que estén en posesión de título universitario, ou título de grado medio ou superior, especialista ou master profesional, o certificado del sistema de formación profesional.
Liña 2 Programa Talento 30 formación en alternancia, mediante contratos de formación con persoas menores de 30 anos.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Poder suficiente da persoa representante e asinante da solicitude para actuar no nome da persoa solicitante, de ser o caso.
b) No caso de novas contratacións: • Descrición do perfil da persoa moza que se vai contratar, con indicación das funcións que vai desenvolver e grupo de cotización.
c) No caso das relacións laborais iniciadas con anterioridade á data de notificación da resolución de concesión da axuda: • Descrición do perfil da persoa moza contratada, con indicación das funcións que desenvolve no seu posto de traballo e grupo de cotización. • Contrato de traballo celebrado/asinado coa persoa moza que está contratada. • Nómina ou documento acreditativo das percepcións salariais dos meses devindicados ata un máximo de seis. • Documentación acreditativa do nivel máximo de formación acadado pola persoa moza contratada. • Anexo II-A e/ou anexo II-B: comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, relativo ás persoas mozas contratadas con anterioridade á data de notificación da resolución de concesión da axuda.
d) Documentación complementaria. Memoria dos proxectos formativos segundo se recolle nos artigos 30 e 39 para cada modalidade contractual: (anexos III-A e/ou III-B segundo corresponda).
Empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídas as persoas autónomas, sociedades civís, comunidades de bens, que contraten traballadores e traballadoras por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, encontrarse declaradas en concurso agás que adquirira eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas, nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Non acharse ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.
i) Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.
j) En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilegalidade penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non se dite resolución xudicial firme en cuxa virtude se poida practicar a inscrición no correspondente rexistro