Novo servizo de asesoramento para impulsar e apoiar iniciativas empresariais de economía social
A Oficina de Promoción Económica dependente da Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela pon a disposición das persoas emprendedoras e as empresas de economía social xa en funcionamento da área metropolitana de Santiago de Compostela un novo servizo de asesoramento.
Esta iniciativa de apoio, posta en funcionamento e consolidación de proxectos de economía social prestará un servizo de consultaría especializa, tanto por medios telemáticos como presenciais, centrado na posta marcha de proxectos empresarias de economías social e en Plans de Reactivación Económica de empresas de economía social xa en funcionamento.
Igualmente, prestarase asesoramento a aqueles proxectos que decidan transformar o seu actual modelo empresarial nun modelo de economía social.
Coa posta en marcha deste servizo búscase incentivar e apoiar a creación e consolidación de proxectos de economía local na área de Compostela, fomentar o emprendemento, estimular o crecemento e a competitividade, e reducir os tempos de posta en marcha das iniciativas vinculadas a unha economía que pon ás persoas e o seu traballo no centro do desenvolvemento económico e social
O servizo de asesoramento está destinado a persoas interesadas no emprendemento cooperativo, socias e persoal de cooperativas e público en xeral da área metropolitana de Santiago de Compostela
Este asesoramento é de carácter gratuíto e o único requirimento de acceso é cumprimentar o formulario de inscrición. Ligazón.
A consultoría abordará un amplo abano de opcións desde o asesoramento no ámbito societario e en materia de xestión empresarial ao coñecemento e presentación das axudas existentes para entidades de economía social, a definición do modelo empresarial e a elaboración do plan de empresa, a tramitación administrativa, a procura de persoas socias ou os procesos de consolidación empresarial.
O servizo está situado no CERSIA (Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa), sito na Rúa Alcalde Raimundo López Prol s/n. Para máis información economiasocial@abeluria.coop
Cumprimentar o formulario de inscrición
persoas emprendedoras e as empresas de economía social xa en funcionamento da área metropolitana de Santiago de Compostela
Cumprimentar o formulario de inscrición