• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Aspas Emprego S.L.

DATA DE CONSTITUCIÓN: 26/08/2005
 
NÚMERO DE SOCIAS/OS: 1
 
NÚMERO DE TRABALLADORAS/OS: 17
 
VALORES: O Centro Especial de Emprego ASPAS EMPREGO xorde co fin de integración e normalización no ámbito laboral das persoas con discapacidade intelectual mediante unha relación laboral estable e semellante ao resto da sociedade. É unha empresa sen ánimo de lucro que proporciona os apoios necesarios ós seus traballadores para dotarlles dunha preparación profesionalizada nun entorno integrado na realidade do mercado laboral. Dende a súa creación trabállase cunha filosofía de mellora continua que, xunto a experiencia dos anos, permite proporcionar unha oferta de servizos profesionais e produtos de calidade que se reflexa na valoración dos nosos clientes. Iniciándose o camiño co servizo de Xardinería: Mantemento e arranxo de xardíns e zonas verdes, na actualidade disponse tamén de servizos de Lavandería e de Mantemento e limpeza de instalacións. Así mesmo, ofrécense produtos de Froitería e Horticultura a establecementos polo miúdo e clientes da comarca de Santiago.
 
ASOCIACIÓN: Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual, ASPAS.

Telefono
981 582 050
E-mail
aspasemprego@asociacionaspas.org
Dirección

Lugar de Santa Teresa de Jornet, 19, 15890

Producto ou servizo

Xardinería: Mantemento e arranxo de xardíns e zonas verdes, Froitería e Horticultura, Lavandería, Mantemento e limpeza de instalacións.

Tipo de empresa
Centro Especial de Emprego sen ánimo de lucro