• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A demanda de transporte de mercadorías en Europa supera á oferta

Data de escritura

No últimos tres anos, o mercado europeo de transporte de mercadorías deu un volto completo, de tal modo que se en 2016 había máis camións que cargas no continente, no primeiro trimestre deeste mesmo ano a situación é a inversa, de tal modo que os camións que traballan no continente non dan abasto para o volume de cargas, segundo reflicte o último barómetro de transporte de TimoCom publicado esta mesma semana.

Nesta situación ten moito que ver a bonanza económica que se vive en Europa e que fai que aumenten os volumes de transporte á vez que as previsións manteñen un bo nivel de confianza na economía dos principais países europeos para os próximos meses.