Dehistoria
DATA DE CONSTITUCIÓN: 24/06/2004
NÚMERO DE SOCIAS/OS: 4
NÚMERO DE TRABALLADORAS/ES: 2
VALORES: Dehistoria cre, firmemente, no valor do pasado non só como ferramenta para comprender o presente, senón sobre todo como arma de futuro. Cremos tamén que só con atención coidadosa nos detalles e traballo continuado e rigoroso podemos achegarnos ás múltiples facetas da Historia e sacar dela todas as ensinanzas e beneficios que garda para nós. Tamén, estamos convencidos de que os nosos recursos históricos son algo dinámico, útil e atractivo pero que precisa dunha intervención profesional para render os froitos axeitados. Somos unha empresa de probada experiencia e recoñecida solvencia nas nosas respectivas áreas de investigación e gozamos poñendo en cada proxecto o mellor da nosa experiencia, coñecementos, creatividade e know-how. Desta filosofía nace o noso compromiso como empresa para cos nosos clientes e coa sociedade e que se fundamenta na precisión, no bo facer e na fidelidade ó pasado que fan do traballo histórico unha disciplina científica e do novo coñecemento, un poderoso instrumento para xerar riqueza económica, social ou cultural. Somos unha empresa de Economía Social, conectada á nosa contorna, comprometida co emprego estable e o desenvolvemento sostible. Cremos na capacidade das nosas comunidades para xerar dinámicas diferentes e enriquecedoras a partir dos seus propios recursos e na das súas persoas de crear formas novidosas e diferentes de emprendemento.
ASOCIACIÓN: AESGAL
Praza de Fonseca, 3 -1º, 15704
Investigación en Historia: informes históricos (historia de alimentación, de montes comunais, fincas, camiños, de proxectos arqueolóxicos ou posta en valor patrimonial); historia familiar e árbores xenealóxicas; busca de documentos; transcrición de documentos; roteiros; divulgación e dinamización social, económica e turística a partir da Historia.