Feitoría Verde
DATA DE CONSTITUCIÓN: 28/12/2012
NÚMERO DE SOCIAS/OS: 4
NÚMERO DE TRABALLADORAS/ES: 3
VALORES: Feitoría Verde é unha cooperativa formada por catro mulleres que entende a educación ambiental como unha ferramenta imprescindible para a sensibilización e participación activa tanto no urbano coma no rural. Sendo axentes de dinamización social, preténdese potenciar a capacidade de participación das persoas e dos colectivos, mellorando así a relación co medio ambiente. Concíbese a educación ambiental como ferramenta para a participación, a aprendizaxe mutua, o intercambio de experiencias e a valorización de recursos e prácticas, endóxenas e innovadoras. Feitoría Verde aposta por unha economía social propiciatoria de mellorías ambientais, que busca sinerxías e complementariedades entre proxectos e empresas. O obxectivo final é propiciar cambios sociais que melloren a percepción e actitude sobre o medio ambiente, integrando criterios éticos e de profesionalidade.
ASOCIACIÓN: Coop 57, Ugacota, A granxa de Servizos, SGEA e SLG.
R/ Proxecto Vagalume nº7, 1ºC, 15703
Educación Ambiental e Participación Social.