• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Gaia Ecocrianza

DATA DE CONSTITUCIÓN: 01/07/2015

NÚMERO DE SOCIAS/OS: 3

NÚMERO DE TRABALLADORAS/ES: 4

VALORES: Gaia dos nenos, alternativa de crianza e de traballo. Emprender e criar.Miriam, Elena e Sonia son tres nais que se xuntaron arredor do proxecto coope-rativo de Gaia dos Nenos. Cada unha chega de ámbitos completamente distintos(enxeñería informática, dereito e xornalismo) pero teñen en común unha cousa: amaternidade cambiou a súa forma de ver o mundo e de verse a sí mesmas. Candodecidiron ser nais non podían imaxinar ata que punto ían necesitar estar coassúas crianzas. E estar significa permanecer xunto a elas, acompañalas no seucrecemento. “Conciliar”, no seu caso, significaba “renunciar a...” e decidiron queao único que non ían renunciar era á crianza dos fillos/as.Gaia dos nenos permitiulles medrar profesionalmente traballando no marco dunhafilosofía de vida que lles apaixona: o respecto pola nai Terra, a maternidade cons-ciente e a crianza con apego.Gaia ten dous piares fundamentais:A eco-tenda na que se ofrecen só produtos ecolóxicos, reciclables ou biodegra-dables. Teñen todo o que as nais e os bebés precisan ata os tres anos de vida(cueiros, porteo, coleito, xoguetes, alimentación, roupa e calzado, cosmética...).Fomentan unha forma de consumo sostible e responsable e por iso se impulsaun mercado de segunda man dos artigos que mellor coñecen: cueiros lavables,porteo, libros de crianza e xoguetes de madeira.A comunidade na que pais e nais comparten, charlan, preguntan e xogan, comase dunha “tribu” se tratase. Gaia é un punto de encontro, un espazo aberto aactividades nas que nais, pais e bebés poidan participar xuntos: ioga post-parto,música para bebés, ioga en familia, mindfulness, hipopresivos, pilates embarazo...Organizamos actividades lúdicas para bebés e formativas para nais e pais. Tra-ballamos sempre coa mirada posta na importancia destes primeiros anos para ocrecementos das nosas crianzas como seres humanos felices e independentes.

Telefono
981 817 914
E-mail
info@gaiaecocrianza.com
Dirección

R/ Santiago de Guayaquil, 6 B, esquerda, 15702

Producto ou servizo

Venta ao por menor de produtos de puericultura ecolóxica.

Tipo de empresa
Cooperativa de Traballo Asociado