• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Numax

DATA DE CONSTITUCIÓN: 14/04/2014
 
NÚMERO DE SOCIAS/OS: 8

NÚMERO DE TRABALLADORAS/ES: 9

VALORES: NUMAX é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro, que naceu coaval de case duascentas persoas e que xa en 2015 obtén o recoñecemento ao mellorproxecto cooperativo por parte da Xunta de Galicia. O grupo de socios está formadopor Ramiro Ledo, Irma Amado, Pablo Cayuela, X. Carlos Hidalgo, Antonio Doñate, XanGómez, Mariña de Toro e Margarita Ledo Andión (socia colaboradora). O Cinema NUMAX liga a tradición dos cinemas de arte e ensaio coas estreas máisrecentes e os novos cinemas de pescuda, con cinco proxeccións diarias e setentabutacas. Na actualidade é a única sala de cinema independente de Galicia quetraballa só en versión orixinal subtitulada, a primeira sala galega que fai parte da redeinternacional Europa Cinemas e o primeiro cinema en cooperativa de España. O Laboratorio é un estudio de deseño gráfico, comunicacións e posprodución de vídeoque ofrece os seus servizos a clientes externos. A Libraría conta cunha selección dasnovidades máis destacadas do panorama editorial, combinadas cun fondo de litera-tura, arte e pensamento. NUMAX Distribución estrea en toda España filmes contempo-ráneos de referencia que até o momento non era posible ver en salas comerciais.

ASOCIACIÓN: Espazocoop, Cinearte, Europa Cinemas, CICAE, Rede SAL, CEGAL

Telefono
981 560 250
E-mail
numax@numax.org
Dirección

R/ Concepción Arenal, 9,

Producto ou servizo

Cada actividade está asociada ao seu CNAE e é independente, con persoas traballadoras asociadas a cadanseu convenio colectivo: Libraría, Exhibición e distribución de Filmes e Estudio de deseño gráfico, vídeo e comunicación.

Tipo de empresa
Cooperativa de Traballo Asociado