O fin das tendas pequenas
Co auxe do comercio electrónico, as grandes marcas apostan por un concepto de tenda diferente do que existía ata agora. A tendencia son as flagships stores, formatos de gran superficie na que teñen cabida todas as coleccións, así como recunchos nos que os clientes poden vivir experiencias únicas. É o que fixo a firma británica Burberry para renovar a súa marca, cando abriu en 2012 a tenda insignia de Regent Street, a máis grande do mundo, con 2.500 metros cadrados repartidos en catro planas, que entón foi o colmo da modernidade para unha firma con máis de século e medio de historia, ao mesturar o físico co dixital para crear a máxima experiencia do luxo.

O cliente quere ter todo nun mesmo espazo, e a tenda física segue sendo un elemento fundamental no proceso de compra, xa que os clientes seguen comprando nos establecementos físicos porque necesitan tocar e ver os produtos que van adquirir.