• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA 2013

“Santiago Investors Support” ten tres obxectivos: impulso e mellora da competitividade empresarial e comercial; proxección exterior e captación de investimentos; posta en valor e dinamización da actividade económica. Os públicos aos que se dirixe o programa son: persoas emprendedoras e inversores interesados en desenvolver proxectos empresariais no Concello; empresas e comercios xa asentados en Santiago; persoal das empresas e comercios da cidade.



O Plan de Formación Continua, deseñouse en colaboración coa Asociación Área empresarial do Tambre cofinanciado pola Deputación de Coruña.

Os cursos ofertados para este ano 2013 son: Primeiros Auxilios; Renovación de Lexionela; Programación de actividades lúdicas, Xestión de equipos de traballo;  Condutor/a de carretas elevadoras e Finanzas para non financeiros: Negociación bancaria.

Dirixido

Empresariado, traballadores/as en activo  e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre

Periodo de actuación

Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017