• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

NON

O plan súmase ao resto de actividades do Santiago Investors Support que teñen coma obxectivo fomentar o desenvolvemento empresarial de Santiago neste momento de crise económica.

Inclúense neste Plan de Formación Continua, oito cursos gratuitos que se realizaran entre o 19 de novembro e o 22 de decembro.

“Santiago Investors Support” ten tres obxectivos: impulso e mellora da competitividade empresarial e comercial; proxección exterior e captación de investimentos; posta en valor e dinamización da actividade económica. Os públicos aos que se dirixe o programa son: persoas emprendedoras e inversores interesados en desenvolver proxectos empresariais no Concello; empresas e comercios xa asentados en Santiago; persoal das empresas e comercios da cidade.

O Plan de Formación Continua, deseñouse en colaboración coa Asociación Área empresarial do Tambre e a Praza de Abastos de Santiago de Compostela baixo dúas premisas: por unha banda ofertar unha serie de contidos prácticos e útiles centrados en procesos de xestión, administración, novas tecnoloxías e enerxías renovables; por outra facilitar a participación nos mesmos que se realizarán, a través da combinación entre actividades presenciais, que se desenvolverán nos locais da Asociación Área Empresarial do Tambre posúe no Polígono do Tambre, e actividades de teleformación.

Os cursos que se ofertan, que xa teñen aberto o prazo de inscrición, son: Photoshop; Actualizacion na Xestión Laboral; Actualizacións Fiscais; As Redes Sociais, Novas Formas de marketing; Nivel Básico PRL Construción; Residuos: Novas Alternativas; Plataformas Elevadoras e Manipulador de Alimentos.

Os oito cursos ofertan un total de 132 prazas gratuítas. Están dirixidos Empresariado, traballadores/as en activo  e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre, aínda que no caso de que non se cubrisen as prazas admitiríanse a persoas desempregadas. As inscricións poden facerse a través da web www.maiscompostela.org, onde se poden consultar tamén as datas de realización de cada curso, a súa metodoloxía e o número de prazas concreto. No caso do Curso de Manipulador/a de Alimentos está dirixido ao persoal traballador na Praza de Abastos de Santiago de Compostela.

Periodo de actuación
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017