• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Comercio Aberto: Premiando ao noso Comercio

Compostela premia aos establecementos comerciais polo miúdo máis senlleiros en cadansúa categoría.

Todos os comercios poderán ser candidatos e optar a unha ou máis das categorías premiadas. As candidaturas poderán presentalas os propios comercios, as asociacións de comerciantes e, no caso das categorías "Comercio Agarimo" e "Comercio de Barrio", calquera persoa física.

Compostela premia aos establecementos comerciais polo miúdo máis senlleiros en cadansúa categoría. Todos os comercios poderán ser candidatos e optar a unha ou máis das categorías premiadas. As candidaturas poderán presentalas os propios comercios, as asociacións de comerciantes e, no caso das categorías "Comercio Agarimo" e "Comercio de Barrio", calquera persoa física.

Establécense seis categorías de premios:

  • Comercio 2.0
  • Comercio Agarimo
  • Comercio Innovación
  • Comercio de Barrio
  • Comercio Emprega
  • Comercio Veterano

O premio consistirá nunha peza de artesanía conmemorativa e mais unha insignia para o exterior do comercio que indique o premio obtido.

Para a creación da peza de artesanía conmemorativa, convócase un concurso entre os aretesáns que rematará o vindeiro 26 de marzo.

A entrega de premios terá lugar o día 19 de abril no Pazo de Raxoi.

Todos os formularios, tanto os de candidatura aos premios como os de participación no concurso de artesáns, están dispoñibles na web.

Periodo de actuación

Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017