Formación para o emprego 2010
A través deste programa de formación e inserción laboral impartiranse, este ano, os cursos de Electricista de edificios, Fontanaría e Instalador/a de gas.
A través deste programa de formación e inserción laboral impartiránse, este ano, os cursos de Electricista de edificios, Fontanaría e Instalador/a de gas.
En 2010, a Concellaría de Promoción Económica desenvolverá tres cursos de Formación para o Emprego, que teñen como obxectivo formar a persoas desempregadas en especialidades consideradas novos filóns de emprego. Enmarcados no Pacto Local polo Emprego de Santiago de Compostela, contan cun orzamento de 313.405,50 euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo.
A través destas tres especialidades, que suman en conxunto 2.475 horas lectivas, formaranse 45 persoas, 15 por curso. O alumnado recibirá a formación teórica no Centro de Formación Ocupacional de Sanxuás de Aríns, e as prácticas, igual que en anos anteriores, está previsto que se realicen en empresas e entidades fidelizadas pola Concellaría de Promoción Económica. As especialidades que se impartirán son:
- Electricista de edificios consta de 900 horas lectivas, e capacitará ao alumnado para montar, instalar, realizar o mantemento e reparar liñas eléctricas de baixa tensión, cadros e automatismos eléctricos, aparatos e máquinas eléctricas estáticas e dinámicas e instalacións singulares de edificios.
- Fontanaría, de 790 horas de duración. O alumnado aprenderá a realizar instalacións de auga interiores e a montar aparatos sanitarios.
- Instalador/a de gas. Conta con 785 horas nas que o alumnado aprenderá a calcular, deseñar e construír instalacións receptoras de gas en vivendas, en zonas comúns de edificios e en instalacións industriais.
O Centro de Formación Ocupacional de Sanxuás de Aríns, avalado co Certificado de Calidade UNE-EN-ISO 9001 pola European Quality Assuranse (EQA). Este recoñecemento garante o factor de calidade aplicado á formación, entendida como un produto adaptado ás necesidades do alumando e, ao mesmo tempo, avalía a prestación dun servizo con criterios de eficiencia e eficacia, tanto no seu desenvolvemento como na súa xestión. Aplicar o concepto de calidade a unha Administración Pública significa introducir modelos de xestión modernos orientados á cidadanía como destinataria dun servizos adecuados as súas necesidades, compatibilizando a eficacia no cumprimento dos obxectivos coa eficiencia na prestación dos recursos públicos.
Persoas desempregadas.
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017