Equipo de obras e emprego Urbana Santiago Norte
O programa Equipo de obras e emprego Urbana Santiago Norte ten como obxectivo facilitar a inserción laboral de 45 persoas desempregadas.
A través do programa de inserción laboral Equipo de Obras e Emprego Urbana Santiago Norte, executaránse obras de reparación e mantemento en beirarúas en todos os barrios da zona Urbana Santiago Norte; e labores de limpeza e restauración do rio Sarela ao seu paso entre o Romaño e Galeras.
Este proceso de contratacion de persoas desempregadas por un período dun ano enmárcase na actuación 5.5 “Iniciativa Urbana de Obras e Emprego”. Conta cun orzamento dun millón de euros e ten como obxectivos específicos a aplicación de políticas tendentes a disminuir o nivel de desemprego na zona Iniciativa Urbana, con atención especial aos colectivos con más dificultades de acceso ao mercado de traballo, implantando un sistema eficaz de execución de obras, a través de programas públicos de emprego que incentiven a experiencia e a reinserción no mercado de traballo. Ademais, oferta aos desempregados da zona norte de Santiago experiencia laboral e cualificación, a través da execución de obras no seu propio entorno social. Articúlase a través da posta en marcha de tres Equipos de Obras que, de xeito paralelo á práctica laboral, reciben formación ademais dunha acreditación profesional.
O proxecto Urbana Santiago Norte está cofinanciado pola Unión Europea con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dentro do eixo número 5 (Desenvolvemento sostible local e urbano) dentro do Programa Operativo do FEDER en Galicia para o periodo 2007-2013 ". A través deste programa vanse contratar 42 oficiais de terceira e tres responsables de equipo. Os postos ofertados son os seguintes: 20 oficiais de albanelería, seis de xardinería, tres de electricidade, tres de fontanería, tres de cantería/mampostería, tres de carpintería, dous/dúas encargados/as de albanelería e un/unha encargado/a de xardinería.
O 4 de maio presentouse oficialmente o programa na Praza do Obradoiro. O acto consisitiu nunha benvida ás persoas participantes por parte do Concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias; e na presentación dos tres coches que utilizan, e da caravana informativa que ten como obxectivo concienciar á cidadanía sobre a importancia deste tipo de programas de inserción laboral. Esta labor de difusión, baixo o slogan “Obras e Emprego, para mellorar”, complétase con folletos informativos, e outros artigos, como camisetas, marcadores, libros, etc.
Persoas desempregadas que residan na zona norte de Santiago, e que poidan acreditar formación ocupacional ou regrada para os postos ofertados.
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017