VII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2010
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo promove desde o ano 2004 o Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping. Dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, ten como obxectivo contribuír á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo promove desde o ano 2004 o Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping. Dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, ten como obxectivo contribuír á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe. Forma parte das accións de promoción e dinamización do sector recollidas no Plan Estratéxico do Comercio Compostelán, cofinanciado pola Deputación de A Coruña e o Concello de Santiago.
O Concurso de Escaparatismo divídese en catro edicións: Primavera, Verán, Outono, e Nadal. En cada unha delas prémianse tres comercios. O xurado no que se integran asociacións de comerciantes, consumidores e expertos na materia, valora especialmente a orixinalidade, ambientación e eficacia da mensaxe publicitaria atendendo ás condicións dos establecementos. No certame prima tanto o escaparate como o interior do comercio.
No Concurso de Escaparatismo colaboran a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Asociación de Comerciantes de Santiago ACOTÉS, a Asociación de Comerciantes e Profesionais Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, a Fundación Santiago Centro Área Comercial, a Asociación de Comerciantes do barrio de San Pedro, Euroconsumo Galicia e o Grupo Correo Gallego.
Todos os comercios de Santiago de Compostela